cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

03/10/2005

a nova casa

se queredes petar na miña porta, a partires de hoxe estarei neste novo lugar:

www.ocartafoldesilencios.blogspot.com
03/10/2005 20:57 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

luns, 3-10-05

"mundos imposibles"

un cronopio sube a unha montaña de area á que chegou algún fama. o fama sentía demasiado encostada a duna, así que construiu unha escaleira de formigón para chegar á súa cima. o cronopio non entende esa forma de ser, porque lle gusta que a area lle entre nos zapatos e entre a trama enfiada dos calcetíns. ó chegar ó final da duna, deceas de outros famas contemplan a paisaxe e tiran fotos para lle ensinar ós amigos. fotos da viaxe para pendurar no seu salón e que todos saiban que estiveron alí. o cronopio non trouxo cámara, porque ten medo de pensar o momento presente coma un futuro recordo. e tírase da duna á baixo, esvarando por ela, berrando feliz mentres a area incluso chega a adentrarse por dentro dos pantalóns, ata invadir o seu sexo. os famas observan calados, dende arriba, e siguen a tirar fotos con ollos melancólicos do cronopio que non teme vivir.

para o cronopio que me envía fotos de mundos imposibles. inspirado de "Historias de Cronopios y Famas", de Julio Cortázar.
03/10/2005 17:10 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

30/09/2005

venres, 30-9-05

"e o verán queda atrás"

corenta días, escribía alguén onte, corenta días coma unha coresma. e é verdade. a coresma axuda a limpar por dentro.

e qué difíciles son as despedidas para sempre cando o que queres dicir é "deica agora".

o verán queda atrás. mudan as cores das follas e a roupa da xente.

o de sempre, permañece.
30/09/2005 13:10 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

21/08/2005

domingo, 21-8-05

"despedida"

mudanzas, espero que de forma definitiva durante alomenos un ano. un apartamento xeitoso para min soa no mesmo centro da zona vella. o meu pequeno paraíso particular. levo varios días imaxinando a nova decoración.

cambios.

vai rematando agosto, e o verán semella esgotarse xa. refrescan as noites. e eu sigo aquí. para marchar. deixo este blog. instálome nun novo sitio que non vou dicir, porque creo firmemente que o destino acaba unindo ás persoas. deixo este lugar para mudar de todo e respirar novos aires.

voume coa ledicia de poder ter contado todo aquilo que se me pasaba pola cabeza.

non hai mellor terapia que a escrita.

non hai maior felicidade que a das despedidas doces na espera dun reencontro.

son as dez e cuarto da noite. vai frío. vou poñer unha chaqueta. estou aquí soa e esbozo un sorriso.
21/08/2005 14:45 Enlace permanente. Hay 8 comentarios.

12/08/2005

venres, 12-8-05

"goteo"

chego. pero só se escoita o grifo que gotea nun baño que non é meu.
12/08/2005 03:15 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

10/08/2005

mércores, 10-8-05

"son de madrugada"

madrugada chegou
o sereno caiu
meu amor de cansaço
caiu nos meus bracos
sorriu e dormiu

eu só queria
que não amanhecesse o dia
que não chegasse a madrugada
eu só queria amor, amor
e mais nada

eu só queria amor, amor
e mais nada...

(José Messias)
10/08/2005 22:57 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

09/08/2005

sem-paul1.jpgmartes, 9-8-05

"destino"

semana marcada polas burlas do destino.

qué pasaría se ó final o xoves tivera ido a Cambados coa miña amiga arxentina? rexeitei a idea, e ela enfadouse botándome en cara o pouco tempo que lle adico. entón, o sábado, recibo unha mensaxe dela na que me conta, destrozada, que unha das persoas que me quería presentar acababa de morrer.

non souben qué responder. así que hoxe envieille unha mensaxe, contrariada, coa promesa de vela e falar con tranquilidade mañá.

qué tería pasado se eu tivera ido ata alí? non o sei, pero a simple idea de que quizais todo sería distinto a día de hoxe causoume calafríos.

eu, que non sei se creo en Deus, ultimamente sinto con máis forza ca nunca coma se unha enerxía estraña flotara no ambiente e provocara cambios ó meu redor.

burla número duas.

en xaneiro o meu colega de Vilatriste comportouse dun xeito que me fixo moito dano. sentín coma se non tomaran en serio a miña intelixencia. iso provocou unha dura discusión que nos levou a estar separados durante moitos meses. falei disto con alguén hai pouco máis dunha semana. e, xusto agora, hai un intre, soou o teléfono e era el.

isto lévame a pensar non só na importancia dos actos das persoas, senón tamén da enerxía que transmmiten. se non tivera falado do meu colega hai unha semana, teríame chamado? a sensación que estas casualidades me provocan é unha mestura entre o medo e a completa fascinación.

quizais os relatos de Paul Auster en "Creía que mi padre era Dios" sexan máis reais do que eu imaxinaba.

quizais o destino sexa algo máis que unha consecuencia dos nósos actos.""
09/08/2005 14:07 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

05/08/2005

casablanca.jpgvenres, 5-8-05

"ela, eu e o cruce de miradas"

ela odioume hai tempo, porque se sentía coma unha actriz secundaria onde Humphry Bogart só quería a Lauren Bacall, que se supuña que era eu.

atopámonos nun bar, de madrugada, logo de moito tempo.

ola, dixen. ola, dixo. cómo vai, preguntou. xa ves, por aquí, e ti? contesta. borrachiña case, dígolle. iso está ben, dime ela. que pases boa noite. chao.

custounos falar. pero ó final foi. nunca fun capaz de odiala quizais porque me parece unha muller intelixente. e, quizais porque só me dá medo a intelixencia cando os celos tiran de min, nunca me sentín ben ó seu carón.

sen embargo, onte, déronme ganas de sentar onda ela e dicirlle, moi baixo, "creo que este é o comezo dunha grande amizade".

pero, era inevitable: as nosas miradas non se volveron cruzar en toda a noite. e, cando me xirei, ela desaparecera, tal pantasma.
05/08/2005 11:24 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

03/08/2005

97A_2_md.jpgmércores, 3-8-05

"oito pegadas para descubrir a unha esteta"

un

mercou un xersei escotado que lle queda bastante frouxo. ensínallo, poñéndoo sobre o corpo sen nada por debaixo. a man del tira do xersei cara abaixo deixando ó descuberto as mamilas erectas. ela é capaz de correrse con só contemplar esa estampa. non sabe a palabra que pode definir ese intre.

dous

esteta. a palabra é esteta. descubre o termo mentres o amigo lle fala da decoración do seu piso, tan milimetricamente ordenada. onde se veu un escritor que non soubera definir un termo? ti non es escritor nin es nada, dille ela. e a el dálle a risa.

tres

"o esteta atopa o éxtase na experiencia da beleza, que representa o ben supremo. cando se logra o máis alto estado de éxtase non hai nada que permita prolongar ese intre sentimental".

catro

cada vez que el ri dese xeito, ou cala, dánlle ganas de asasinalo.

cinco

un esteta pode considerarse belo? cales son os termos que definen a fermosura dun corpo? é posible amar apaixoadamente a unha besta? que opinión estética ten ela de si?

seis

unha aperta na despedida sería a fotografía perfecta se os que a protagonizan non saben da presencia do fotógrafo. a vida dela está chea de recordos que son unha fotografía permanente na memoria. nunca muda a súa visión. permañece intacta e viva. ata qué punto son recomendables as estampas na lembranza? axudan a entenderse mellor?

sete

ela chega ó piso e íspese de medio corpo fronte o espello. logo coloca o xersei escotado sobre o tronco desnudo. tira os peitos fóra e acaríñaos na procura da postura perfecta, igual que o día que o estreou. realmente parécelle fermosa a estampa. e, alí, diante do espello, dánlle ganas de tocarse.

oito

ela podería describir cómo se toca. pero non o fai. ese intre foi tan intenso que calquera palabra que intentara definilo non faría máis que rachar a fermosura do momento. dálle medo de estar volvéndose outra esteta convencida.
03/08/2005 22:59 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

02/08/2005

Paris_Texas.jpgmartes, 2-8-05

"París-Texas"

unha muller camiña ás dúas da madrugada polas rúas dunha cidade durmida. os seus pasos son lentos e a penas pasan coches. non hai xente pola rúa. ela aproveita o paseo para chorar sen que ninguén a vexa. busca compulsivamente un cigarro no bolso, pero o paquete de tabaco está baleiro. hai un bar aberto, coas cadeiras recollidas sobre a barra e, nel, o dono do bar xoga sen sorte na máquina tragacartos. ela saúda ó entrar. o vello obsérvaa antes de saudar, e despois volve á xogada. ela mete unha moeda de dous euros e mais dúas de cincuenta céntimos. preme o botón e a máquina deixa caer un paquete de Lucky Strike. recolle o cambio que sobrou. marcha sen se despedir, observando ó vello enfrascado no xogo. observa o paquete de tabaco. Lucky Strike significa golpe de sorte. malditas burlas do destino, refunfuña polo baixo. camiña de volta a casa sentíndose coma un personaxe de París-Texas. antes de entrar decide sentar a fumar na tenda que está ó carón do seu portal. enfronte un semáforo ponse en vermello e dous coches agardan que abra o sinal. un dos conductores obsérvaa mentres ela chora, e acende un cigarro, e mira o móbil. o semáforo pónse en verde e os dous coches arrancan. ninguén máis esperto en toda a cidade, agás un dos andares do piso de enfronte, que ten luz. ela remata o cigarro e písao e ten medo de entrar. seca as bágoas. chama ó telefoniño porque esqueceu as chaves coas presas. alguén abre. ela sube ó ascensor mentres pensa a pregunta. entra. o outro personaxe está sentado na sala. saúdaa coma se levara dous días fóra, pero só pasou media hora. ela faille a pregunta. el sorrí. logo explícalle cousas que ela precisaba. son as catro da mañá e ela le a Carson McCullers. fita pola ventá. a luz do piso de enfronte apagouse xa.
02/08/2005 20:45 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

01/08/2005

8616.jpgluns, 1-8-05

"bágoas por Peter"

noite de cine descubrindo o filme biográfico de Stephen Hopkins sobre Peter Sellers.

el, ó que sempre paraban polas rúas para pedirlle un autógrafo, agochaba baixo as súas carautas de neno tódalas cousas que non lle facían feliz.

fun ver unha comedia e rematei aguantándome as bágoas no cine cando o vin naquela rúa, de pé, co ollar perdido entre a neve, como buscando respostas dun algo que non daba chegado.

recomendable. Geoffrey Rush auténtico. para ós que vos guste rir e chorar ó mesmo tempo.
01/08/2005 20:58 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

29/07/2005

kokoschka_ritratto.jpgvenres, 29-7-05

"Kokoscha, Carson McCullers, medos e outras divagacións"

unha noite máis, das últimas de xullo.

Señora Beba, nos Valle Inclán. outro filme arxentino que plasma a realidade cotiá da crise que vive o país.
despois, falar da importancia das distintas formas de acariñar, no Taquilla (eu non estou dacordo co meu amigo nadador, non hai nada máis especial que un bo filme compartido). despedida. dáme outro. e mais unha aperta.

traballo. o pub baleiro de xente. debo ser a única parva que pasa o verán en Compostela. repartir publicidade do local pola rúa, xunto coa miña compañeira. temos unha relación de amor odio. nunca pensamos igual sobre as cousas, pero entendémonos. e eu veña a dicirlle, imos tomar algo ó Ambigú, que temos moito tempo para repartir publi. e ela que acaba facéndome caso. non estaba o camareiro de sempre que sempre escoita cando as cousas van mal. pero estabamos nós. cervexa. e eu que lle falo do meu colega que está pasando por unha mala racha. e ela que me recomenda os libros de Carson MacCullers. que xa os lerás. que xa me contarás de todo o que che guste e o que non che guste. non che parece incrible que ó que eu lle chamo vermello e ó que ti lle chamas vermello sexa, sen embargo, algo que vemos de forma distinta as duas?, pregunta. e tiña razón. ela estudia Historia do Arte e viviu unha longa tempada en Edimburgo. falaba emocionada do cadro de Kokoschka "Retrato dun artista dexenerado". e xa enlacei con Schiele. ela aseguraba que tiña unha forte carga erótica. eu intentaba demostrar que todo ese erotismo que ela contemplaba para min non era máis que unha plasmación decadente das trabas morais da época.

pagamos as cervexas. saimos repartir publicidade. a xente que sae de noite é toda igual. ó regresar ó local un home de mediana idade fixo un comentario sobre as miñas tetas e non souben qué contestar. hai veces que asasinaría ós clienes un a un. outras atopo casos afortunados de persoas que inda valoran o pracer de chegaren soas a un local, tomar unha copa en silencio, observar e marchar. sempre que me toca traballar plantéxome mudar. de traballo. de vida. pregúntome qué fago alí, entre o ruído dunha música que non soporto. pregúntome se realmente chegarei ser quen eu quero ser. e trastócame por dentro. e faime ser máis débil, ás veces. outras máis forte.

chego ó piso alleo. alguén dorme en silencio, coa fiestra aberta ó ruído do tráfico que comeza a circular xa. péchoa. pensando en todo isto cústame durmir. pola mañá non se despiden de min. esperto e o piso está baleiro.

sento a escribir.
29/07/2005 14:33 Enlace permanente. Hay 6 comentarios.

28/07/2005

MOS1.jpgxoves, 28-7-05

"Ítaca"

desaparecida entre a choiva da cidade
renazo entre as cinzas da civilización.

días.
días e mais días, con tódalas súas noites soitarias
cando volves a Ítaca mais Ítaca non regresa
porque xa non é a mesma,
xa non a Ítaca soñada de herba,
cando te tumbabas no xardín hai anos,
tantos que os maldices por quedaren atrás.
cando te tumbabas, dixen,
e sentías a herba entre as mans,
e o ceo,
a calor do sol contra o pel,
e o mundo a penas era máis que iso.
lembro a frescura da herba,
si, e os días felices,
felices porque máis alá do horizonte de nubes
non existía máis.
non existía máis.

non

existía

nada

máis.

Ítaca soñada, fraude contemporáneo de min mesma
porque xa non, xa non volverei a ser aquela.
porque a herba é agora perecedeira,
e tras do sol sei, agora sei,
unha chuvieira esmagará a calor para esmagalo todo
con fracasos pequenos coma punzadas de moscas
nas tardes do verán.
e, de pé, nos autobuses urbanos,
sinto o cheiro forte do perfume con gotas de suor
dunha señora vella que perdeu a fermosura
hai tanto que xa non lembra.
e os edificios tristes soñan con tocar o ceo alá fora,
onde a xente é toda igual,
coma exércitos de formigas escavando longos tuneis
cara o inferno das entrañas,
antes de maldicírense por non,
por non sentir a herba.

xa non.

Ítaca maldita. e maldita Penélope.
reclamo o meu dereito
a que ninguén me agarde na arribada.
reclamo o dereito a estar soa.

eu ía prolongando a viaxe de volta
cara a Ítaca afastada á que non quería regresar.
lembro a frescura da pedra nas rúas
e a noite na que borracha maldicín
todo o que amei
berrando que quería ser eu, quería ser eu.
mais a realidade rematou inundando o meu canto
nas portas do mencer.

non, non sempre agardas o regreso.
porque tamén o camiño pedregoso axuda a entender
que a viaxe é a escusa para a búsqueda.

Ítaca non é máis que a arribada.

maldita. maldígote a ti, lingua,
a ti, imaxinación,
maldigo o desexo e a melancolía daqueles anos de nena.

porque eu non, xa nunca serei a mesma.
28/07/2005 13:15 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

20/07/2005

neruda_2.jpgmércores, 20-7-05

"de vestimenta e corazón"

(...) Las gentes cruzan el mundo en la actualidad
sin apenas recordar que poseen un cuerpo y en él la vida,
y hay miedo, hay miedo en el mundo de las palabras que
designan el cuerpo,
y se habla favorablemente de la ropa,
de pantalones es posible hablar, de trajes,
y de ropa interior de mujer (de medias y ligas de “señora”),
como si por las calles fueran las prendas y los trajes vacíos por
completo
y un oscuro y obsceno guardarropas ocupara el mundo(...)

e quen dicía que Neruda era un cursi?
eu descubrino hai un par de anos, nun encargo de documental no que participara.
hoxe, relendo vellas cartas, atopeime con este anaco de poema.
e gustei.
e seguiu dicíndome cousas.

invítovos a que o redescubrades tamén. recomendable Residencia en la tierra.

gracias, Pablo.
20/07/2005 16:42 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

15/07/2005

venres, 15-7-05

"nómada"

en constante movemento e cambio. a pesar do estancamento. esta son eu ultimamente.
sen casa propia, movéndome hoxe catro días fóra para traballar nalgo que intelectualmente non me aporta nada. e está ben ir ó cine, ver teatro por aí, ler un bo libro e saber das últimas novidades culturais, pero ti non fixeches nada, non participaches en nigunha delas. e é coma se o reloxo vital turrara de ti de xeito constante.

tic-tac tic-tac tic-tac tic-tac

e, ante a pregunta de onte, cómo vai a tua vida?, qué responder.
nómada.
son unha nómada sen dereito a territorio que busca o seu oco no salvaxe oeste.
15/07/2005 13:19 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

14/07/2005

ritahayworth-gilda1.jpgxoves, 14-6-05

"amada Gilda"

cando algo vai polo lado contrario, lémbrome de ti naquela fonte, despeitada.
a Glenn Ford non lle chegaban os ollos para mirarte.

put the blame on mammy...
14/07/2005 20:52 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

10/07/2005

domingo, 10-7-05

"de hipocresía e prostitución"

ela exerce o traballo máis antigo que existe. traballa pola súa conta. bela, quizais envellecida antes de tempo, con "v". nunca viste nada que lle chegue máis abaixo dos xeonllos. e triste. tamén é triste vela, inda que sempre sorrí.
crea comentarios malévolos da xente alá por onde pasa, sobre todo das mulleres, quizais porque os homes se fixan nela.
a súa fermosura vese tapada polos afeites que a fan parecer artificial, coma unha Barbie plastificada lista para ser mercada.
sei que é nai.
baila ó ritmo da música de xeito monótono, coma un pato, movendo os brazos de xeito estraño.
altiva ás veces cando se achega a pedir unha copa, coma se eu tamén a xulgara. coma se eu tamén.
só podería botarlle en cara que non fora feliz.
polo demais, o resto son envexas falseadas de tintes retrógrados.
sexo con quen ela queira. cartos a cambio. a erótica do poder.
inda que ningunha muller de ben o recoñecerá nunca,
quizais ese sexa o soño erótico de moitas.
10/07/2005 08:25 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

08/07/2005

venres, 8-7-05

"entendemento"

de ónde esta sensación de astío cando con rotundidade me dis o que pensas, sen tregua.
é que non te decatas de que eu inda son unha principiante
navegadora de estrelas?
ás veces creo que sobrevaloras todo o que agardas do meu pensamento.
e, de tan esixente, fasme máis forte.
08/07/2005 22:53 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

01/07/2005

venres, 1-7-05

"incomunicación"

dime que falo moi baixo, demasiado baixo ás veces. xa mo sinalou moita xente.
tamén puntualiza que cando bebo o volume entón atordoa.
sei que serea calo moitas cousas,
e que bébeda falo de máis.
non me gusta ningunha das dúas opcións.
a miña educación naceu no ventre da incomunicación.
ninguén ten a culpa. supoño que os pais non nacen aprendidos.
supoño que os fillos tampouco.
como resultado de tantas veces que calei
agora escribo.
non sempre me gusta nin me fai sentir ben.
pero si que me axuda a estar mellor.
a entender
tódalas veces que falo pouco
ou tanto
que non me chega a voz
para aproveitar todo ese tempo do que non lembro
o eco das palabras cando quería expresarme
e non sabía cómo.

velaí xermola entón a orixe dos meus silencios.
01/07/2005 21:07 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

30/06/2005

10n_sjparker.jpgxoves, 30-6-05

"coma Carrie Bradshaw"

de ónde a intranquilidade dos sillóns
en plena madrugada
o teu corpo a penas afastado do contacto
mentres fas que les pero non les nada
e se cambio de canle
poñen Sexo en Nova Iork
e dígoche que eu son Carrie
pero menos snob porque non me dan os cartos
-querería ter zapatos de agulla e batas de seda
para atraparte entre as artimañas da
feminidade das gatas-
e qué facer se un día o tempo nos pode
e apareces nunha festa onde todos están
e eu, coma ela,
non son quen de achegarme e dicirche
"cómo estás
cánto te botei en falta"
antes de chegar a casa
derrotada
e vomitar diante da pantalla
tódalas cousas que nunca entenderei.
30/06/2005 22:33 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

29/06/2005

mércores, 29-6-05

"de cambios e mudanzas"

cambiar de piso, outra vez. a miña vida embalada en caixas e bolsas. molestar ós amigos este mes ata atopar un oco onde instalarme, desta vez por máis tempo.

o Ditador tamén anda cos mesmos trafegos. onte vino chorar en público, diante das cámaras de televisión:
bágoas impertinentes dun cambio que tardou en chegar.

o Ditador non chorou o día da maré negra.

eu non choro por deixar a miña bufarda nin o xardín que era un proxecto futuro de tomateiras e herba luísa fresca.

teño a ilusión de quen inventa novos soños dos camiños que faltan por andar.
29/06/2005 12:08 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

28/06/2005

martes, 28-6-05

"onte"

Compostela era un rebumbio de xente que se facía dona das rúas de xeito espontáneo.
e sorrían os barrendeiros, e os policías dentro dos coche patrulla, e a miña colega arxentina á que non lle chegaban as mans para atender ós clientes do bar.

e os tristes.

os tristes sorriamos tamén.
28/06/2005 21:01 Enlace permanente. Hay 6 comentarios.

21/06/2005

250px-Galaxia-NGC4414.jpgmartes, 21-6-05

"espacio interior"

el, que cre que só ten planetas, coas suas mans move o Universo.
e eu, mera contempladora de estrelas, pérdome entre a numeración
dos asteroides.
se dispoño dun mapa galáctico, todo vai ben.
o problema comeza no intre en que teño que guiarme
eu soa.
21/06/2005 13:17 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

20/06/2005

luns, 20-6-05

"impotencia"

onte sentínme triste. unha sensación de impotencia que nacía do estómago á boca. e o amigo de Vilanéboa envía unha mensaxe "VIVA PORTUGAL", quizais porque tamén sentía ese baleiro compartido. a tristeza convertiuse en palabras cruzadas entre estraños que despois me guiaron cara un sorriso. fíxose de día. xa estaba. era luns.
20/06/2005 20:10 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

19/06/2005

domingo, 19-6-05

"retomando a letanía adicada ó Ditador"

(...)
dos que a ninguén aman librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto
librémonos pronto...

Bernardino Graña
19/06/2005 16:08 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

17/06/2005

shiele.jpgvenres, 17-6-05

"o esculcador na despedida"

esculcabas coa mirada e as mans
-coma quen se recrea nun cadro de Schiele
antes de que apaguen as luces do museo-

e, de tan intenso, dábasme medo.
17/06/2005 00:11 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

15/06/2005

830.jpgxoves, 16-6-05

"disparar ó pianista"

No disparen al pianista

Cuando todo va mal lo peor,
es disparar al pianista.
Porque al final de la historia
él siempre lo hace bien.

Cuando todos desafinan lo peor,
es disparar al pianista.
Porque en el último extremo
su nota es la que ha de ser.

Si es que te han abandonado
él sabra con qué canción
acompañar el vacío
que quedo en tu corazón.

Acompañar el vacío
que quedó en tu corazón
.

o amigo cítame parte desta canción de Revólver para remover a miña conciencia.
un día vai ter que cumplir a promesa de levarme tocar o seu piano
(a xente honesta sempre cumpre o que promete).
entón demostrareille que tamén os pianistas se poden trabucar.
ás veces.
15/06/2005 23:44 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

14/06/2005

mércores, 15-6-05

"a importancia da honestidade é tan estimable coma o dano que causa a indiferencia"

(...) "non tolero que se cuestione a miña honestidade, son a persoa máis leal que existe", sentenciaba ó final daquela estraña discusión a distancia o amigo.

cando nada se plantexa entre dúas persoas, nada realmente importante sucede entre elas.

querer crea odios contidos cara as persoas que temos medo a perder.
14/06/2005 23:57 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

martes, 14-6-05

"letanía pra nos librar dos que a ninguén aman"

os que a ninguén aman non aman, fornican,
e os seus xudres poden chamizar os campos
apestar os pozos.

os que a ninguén aman podres peidifican
polas chamineas das súas grandes fábricas
gran fedor e noxo.

os que a ninguén aman traen moita química
con babas brancuxas que dan morte negra
por ríos avoltos.

os que a ninguén aman ouros deifican
e cóidanse deuses nos bancos absurdos
entre papeloiros.

os que a ninguén aman fan autopistas
pra que circulemos máis raudos ó absurdo
cada vez máis tolos.

os que a ninguén aman son os que urbanizan
e nos engaiolan en tristes cementos
como tristes monos.

son os que trafican
con cañóns e artes de espallar mal fogo
e andan esfachando os volcáns máis puros
da ilusión e o soño.

son os que nos guían
e non teñen ollos.

dos que a ninguén aman librémonos pronto
librémonos pronto(..)

(continuará...)

de Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen, Bernardino Graña.
14/06/2005 13:30 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

13/06/2005

luns, 13-6-05

"necesaria contradicción"

Creo que no te quiero,
que solamente quiero la imposibilidad
tan obvia de quererte
como la mano izquierda
enamorada de ese guante
que vive en la derecha.

poema número IV de Otros cinco poemas para Cris, Julio Cortázar.
13/06/2005 23:53 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

12/06/2005

sage.jpgdomingo, 12-6-05

"quizais o Vello Cacique lea a Lao-Tse (sen entender a sua esencia, claro)"

se os máis intelixentes non se fan resaltar,
evítase que o pobo loite.

se non se estiman as cousas máis preciadas,
evítase que o pobo roube.

se non se ensina o apetecible,
evítase que o corazón do pobo se trabuque.

así rexe o sabio:

baléiralles o corazón e enche o seu estómago,
debilítalles a ambición e fornece os seus ósos:

fai que o pobo quede sen coñecementos nin desexos,
e ocúpase de que os máis intelixentes non ousen obrar;

practica o Non-obrar
e así mantén todo en orde.

tirado do Tao Te Ching.
12/06/2005 21:53 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

10/06/2005

venres, 10-6-05

"o Gato"

a miña compañeira de piso apareceu cun gato entre os brazos de madrugada. non o quero aquí, díxenlle, xa sabes que cos gatos non me entendo. o felino fitábame cos seus enormes ollos azuis dende a ventá da cociña, pedindo entrar. pola mañá continuaba no xardín, resgardándose do sol entre as herbas. seguía mirándome fixamente. non podes estar aquí, díxenlle, os do teu clube e mais eu non nos levamos ben. ó regresar á noitiña xa non estaba. e pensei que, quizais, os gatos son moito máis honestos do que imaxinaba. quen sexa gato enténdeme...
10/06/2005 15:59 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

03/06/2005

032631_25.jpgvenres, 3-5-05

"historia breve dun asasinato"

este podería ser o inicio de calquera guión cinematográfico onde non sería necesario máis que un personaxe que non precisa nome. mira pola fiestra. fóra un sol intenso que anuncia a chegada do verán persiste na súa presencia dende hai varios días. o ceo está despexado. ten o ollar serio, perdido nun punto impreciso da paisaxe. vai unha calor sufocante. a aparente tranquilidade do silencio agocha un malestar intenso. o personaxe calado, co son do tic tac do reloxo a encher toda a sala do cuarto marcando un ritmo monónoto e tenaz, planea un asasinato.

este podería ser o final de calquera guión cinematográfico. non precisamos saber máis. o tic tac do reloxo continúa a soar.
03/06/2005 20:22 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

31/05/2005

26.jpgmartes, 31-5-05

"kaven"

ti ocupas a parte da imaxinación onde mana o desexo máis oculto.
31/05/2005 20:11 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

27/05/2005

venres, 27-5-05

"rescatando escasas auras nocturnas"

Folguexaba a noite
na camisa de forza
dos meus ollos
apreixantes
comprimintes
húmidos
de berros de escuma
alongados
e
patéticos
restrinxidos
ó espacio vital
que os sustentaba
que os non mataba
.
.
.
fechouse
o
iris
de
terra
no
remorso
do
tempo
mais...
ficou comigo
a
noite
soa


de Celso Fernández Sanmartín, rescatado de 25 mais 1 poetas (e um epígono)
27/05/2005 18:50 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

19/05/2005

pm-22184-medium.jpgxoves, 19-5-05

"nó"

porque sempre falo máis, ti lévasme ventaxa.

teño que calar un día para desenredar o nó que ata as folerpas murchas que agochas nas entrañas.
19/05/2005 22:48 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

17/05/2005

casa.jpgmércores, 18-5-05

"onte á noite, coma sempre"

vivo con outras tres compañeiras que nunca están.

as tres prantas da casa fánseme tan enormes coma os museos onde se exiben as obras de Hopper.
17/05/2005 22:42 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

16/05/2005

5dr.jpgluns, 16-5-05

"a frase"

a luz que brilla co dobre de intensidade dura a metade de tempo. ti brillaches con moitísima intensidade, Roy.
16/05/2005 14:28 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

12/05/2005

vinyeta_revista.jpgxoves, 12-5-05

"Enid e mais eu"

totalmente enganchada a Ghost World, de Daniel Clowes, un comic sobre o fracaso para ler en épocas de baleiro.

"cómo me fode saber exactamente o que quero e non dalo atopado", di Enid, a personaxe protagonista.

benvida ó mundo, amiga. a min pásame exactamente igual.
12/05/2005 21:33 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

10/05/2005

binjip.jpgmartes, 10-5-05

"Hierro 3"

ela dicíalle "ámote". pero no bico só aparecía o pantasma dos seus soños do que un día quixo ter, e non chegou.
10/05/2005 18:29 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

06/05/2005

venres, 6-5-05

"milimetraxe"

fuxes do roce
sulcando separacións coa escusa da vertixe
que che acapara a vista,
ou coas liñas da man que non saber ler
para sentenciar a medida xusta
dos milímetros que separan o medo
do desexo.
06/05/2005 23:54 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

05/05/2005

orixe.jpgxoves, 5-5-05

"o home do traxe de apicultor"

vou mercar un traxe de apicultor para encher toda Compostela de cartazes cheos de mensaxes berrando Liberdade.

para seguir crendo que un outro mundo é posible.

para que ninguén poida roubarnos o dereito a soñar.

gracias, Mario.
05/05/2005 00:31 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

01/05/2005

domingo, 1-5-05

"a vella durminte"

é a historia dunha vella que ela se atopa tódolos venres e sábados, de madrugada. dorme medio recostada sobre as escaleiras dunha tenda de roupa da zona nova de Compostela, sempre no mesmo lugar. e sempre, tamén, arrodeada de bolsas de grelos e mais caixas de ovos da casa. Grimm nunca escribiu sobre ela.

ela nunca para a preguntarlle qué fai alí: prefire imaxinalo.
01/05/2005 16:13 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

29/04/2005

v5xosecarloscaneiroaindasonasconpiratas000.jpgvenres, 29-4-05

"aínda soñas con piratas, Sara?"

a soidade ten dentes de vidro afiado, escribícheslle un día. quizais por iso vos entendedes, meu querido Silesio, inda sen saber o un do outro. inda sen saber o un do outro quizais por iso vos entendedes. ela escríbeche cartas que nunca chegan. e sabe que é mellor así, porque para falar de silencios non se precisan palabras. non se precisan palabras para ler nos ollos da xente. porque sabes, igual ca ela, que se o mundo calara máis veces outros mares sulcarían.

dende a súa nave, varada de catro a catro, envíache un fío invisible ancorado na escala do seu mapa. para que esteas. sempre.

e nunca deixar de soñar con piratas, compañeiro.
29/04/2005 17:31 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

27/04/2005

mércores, 27-4-05

"mans"

as miñas mans de pianista estanse a converter en mans de camareira. teño que cruzar o charco e saltar o valado, non vaia ser que un día tamén se me enrruguen as ideas.
27/04/2005 04:26 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

25/04/2005

image3.gifluns, 25-4-05

"o outro cravo"

e eu aquí, en Compostela. Portugal ás veces semella estar na República do Congo...
25/04/2005 16:10 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

21/04/2005

mood2.jpgxoves, 21-5-05

"culinaria abstracta"

ela cociñaba unha crema de verduras para calmar a súa enfermidade. ou para dicirlle sen palabras tódalas cousas que calaba.
21/04/2005 17:56 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

14/04/2005

venres, 15-4-05

"camiños de descuberta"

vas poñendo a proba
os límites xenéricos dos meus adentros
sen lograr tirar fóra a clave
do concreto
que resgardo nun caixón, baixo chave.
14/04/2005 23:46 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

xoves, 14-4-05

"14 de abril"

pañoleta vermella como as rosas que nunca me regalaches, e as meixelas rubias cando falo bébeda de Mencía e, por un intre, todo é mellor.
14/04/2005 23:42 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

13/04/2005

mércores, 13-4-05

"cacería na fraga"

nunha fraga escura moreas de ollos cheos de xenreira vixían a fauna que ousa cantar á luz da lúa, temerosos de que a fraga algún día apareza asulagada de flores de colores.

faltos de imaxinación, eses ollos opacos limítanse a protexerse coa única linguaxe que entenden. distribúen entón estratexicamente as súas armas covardes nos arredores da fraga, como nunha cacería.

pero os animais ceibes que corren na procura dunha nova luz, saltan o valado e ouvean, cansos xa de tanta vexetación velenosa, fría, gris.

xusto aí, no final dun camiño que pode supoñer o comezo, intúese unha nova e tenue luzada a piques de xermolar nos límites do abismo.
13/04/2005 16:38 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

12/04/2005

martes, 12-4-05

"autodignidade"

podes pasar pola vida sen deixar que a vida pase por ti.

(pode compensarche se non buscas máis espectativas que esa?).

antes cría que realmente a xente sometida a este rol era máis feliz. logo o tempo se encarga de amosar que ese estado tampouco libera. mellor obrigarse a vivir, inda que manque e non sexa doado ás veces tomar decisións, abrirlle as portas á mudanza.

é unha cuestión de conciencia e autodignidade.
12/04/2005 12:36 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

11/04/2005

luns, 11-4-05

"unha mañá de domingo"

ela, que traballa ata tan tarde que xa é de día. cansa, subindo pola zona nova de Compostela cara o casco antigo, observa ás limpadoras dos edificios que teñen a mirada triste: madrugan tanto coma os camións de reparto.

ela, que para nun café para falar a modo co seu colega arxentino ó que hai meses que non visita, e que lle chama rubia, inda que ten o pelo tan negro que parece ficción.

e alguén que entra pedir cambio para tabaco e que escribe libros que ela inda non leu (Mario, esta mañá comecei a coñecer a orixe da túa vertixe).

e a mendiga da Quintana que lle rouba un outro cigarriño.

e ela, inda ela, que remata o café baleirando os seus silencios na barra antes de marchar a casa, xa tarde de tan cedo que é. e a xente toda vestida de domingo alí fóra mentres ela cheira a restos de tabaco. e o cansazo veña a lle tirar das pernas polo Obradoiro adiante, e o sono que latexa incipientemente, antes de descubrir o arrecendo das amendoeiras floridas que saúdan na entrada a casa ás doce do mediodía dun domingo soleado.

frío.
11/04/2005 20:36 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

09/04/2005

domingo, 10-4-05

"incógnitas sobre Islandia"

Ollos Azuis Pelo Negro quere viaxar a Islandia. dime que os antigos situaban alí o inferno, pero para el simboliza o edén.

(o meu amigo témelle ós domingos tanto coma min. di que son días de suicidios silenciados).

teño a estraña sensación de que se algún día acabara fuxindo alí quizais xa non regrese.

(a penas quedamos para tomar café. esquecereime entón de velo en anos?).

é coma se en calquera lugar do mundo algo estivera agardando por el.
coma se el agardara por algo agochado en calquera lugar do mundo.

(ou quizais tan dentro del que preferira crer que agarda nos mapas).
09/04/2005 23:50 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/04/2005

ho07.jpgxoves, 7-4-05

"unha muller de Hopper"

a grieta do teito divide o cuarto en dúas metades compensadas. xusto no centro das mesmas a lámpada de araña distribúe as sombras dos seus brazos en distintas direccións que se reflicten nas paredes. en completo silencio escóitase a respiración dalguén que durme, e as bucinas dos coches dunha cidade que hai tempo que acordou.

ela permañece absorta contemplando a grieta, pensando neses dous hemisferios trazados, coma unha metáfora do real e o irreal. e o mundo das sombras veña a debuxar ideas dun sono escaso dende hai varias semanas.

érguese. así espida por completo, cos pes escalzos acariñando o chan, semella que o día vai ser frío. os estores deixan entrever tenues luzadas, o suficiente como para contemplar o seu corpo enteiro fronte o espello. de novo aparecen esas dúas metades que a dividen en dous mundos paralelos que nunca chegan a tocarse. debería asustarlle, pero hoxe quere crer que non. estende a man cara o cristal que lle devolve unha outra man, ficticia, facendo que por un intre esas dúas persoas que bailan dentro dela se comuniquen con timidez.

escoita os ruídos dos muelles da cama do piso de arriba, con xadeos silenciados.

volve deitarse. a mañá convertiuse en tardía xa. pero continúa entre as sabas, un par de horas máis, ou tan só uns minutos, non sabe. en completo silencio alí, coma se o tempo presente fora demasiado escaso, antes de que a realidade do día inunde a casa de saúdos matutinos, cuartos aireados e despedidas.
07/04/2005 13:25 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

28/03/2005

luns, 28-3-05

"herba"

boto en falta aquela sensación fuxidía da infancia, cando me tumbaba na herba e non era preciso pensar en nada máis que o tacto da mesma entre os dedos das mans.
28/03/2005 21:48 Enlace permanente. Hay 7 comentarios.

27/03/2005

sábado, 26-3-05

"ausencias"

agora que o nóso rematou, non hai nada máis triste para min que un supermercado.
habituar as miñas rutinas á túa ausencia, a pesar de que precisamente foi a rutina o que che dixen que me mancaba,
e xa non podía máis con ela.

agora, civilizados, coma dous adultos que quizais aprendimos xuntos a ser,
procuramos non darlle máis importancia á ruptura que a dunha mudanza necesaria dende xa había tempo.

e eu pregúntome, dende os silencios obrigados destes últimos tempos entre nós,
se algún día lograrás entenderme.
27/03/2005 00:44 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

20/03/2005

domingo, 20-3-05

"entre copas"

unha road movie, desas que chegan dentro e se lembran. a viaxe como busca de cambios, de respostas. e o viño a tirar das verdades fóra.

ó saír do cine déronme ganas de percorrer enteiramente en coche as terras do Condado, e vaciar as bodegas ata cuspir as entrañas todas. coa ansias ebrias, rematamos bebendo varias copas de viño no primeiro bar que atopamos aberto. resultou ser que a camareira que nos atendía era a filla do protagonista da pélícula "wiski"

17/03/2005

erizo.jpgxoves, 17-03-05

"a vida segreda dos ourizos de mar"

leo na enciclopedia "os ourizos de mar teñen un grande número de espiñas recubrindo o seu corpo. as espiñas máis pequenas son velenosas e poden producir lesións moi dorosas se se lles toca".

quizais os ourizos sexan comparables ás persoas. coma unha coiraza, protexémonos de que nos manquen por dentro. pero, de súpeto, un día estás desprevida, e alguén logra entrar.

sempre correrás o risco de que che fagan dano.
17/03/2005 22:52 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

10/03/2005

xoves, 10-3-05

"86.400"

un día.

vintecatro horas.

mil catrocentros corenta minutos.

oitenta e seis mil catrocentos segundos.

tanto tempo en balde na procura de que pase algo
que non chega.
10/03/2005 11:00 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

09/03/2005

hie0003.jpgfotografía do poeta José Hierro

mércores, 9-3-05

"poema para ler en tempos de desencanto"

Después de todo, todo ha sido nada,
a pesar de que un día lo fue todo.
Después de nada, o después de todo,
supe que todo no era más que nada.

Grito: "¡todo!", y el eco dice "¡nada!".
Grito: "¡nada!", y el eco dice "¡todo!".
Ahora sé que la nada lo era todo
y que todo era ceniza de la nada.

No queda de lo que fue nada.
(Era ilusión lo que creía todo
y que, en definitiva, era la nada).

Qué más da que la nada fuera nada
si más nada será, después de todo,
después de tanto todo para nada.

do libro "Cuaderno de Nueva York", José Hierro.
09/03/2005 22:14 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/03/2005

ghost_dog2.jpgluns, 7-3-05

"tormenta"

hai algo que pode aprenderse dunha tormenta; ó atoparte cun chaparrón repentino procuras non mollarte e botas a correr. inda que corras por baixo das cornisas das casas segues a mollarte. se o tes claro dende o comezo non haberá sorpresas, inda que te mollarás igual. este concepto é aplicable a tódalas cousas.

de Ghost Dog, o camiño do samurai
07/03/2005 10:06 Enlace permanente. Hay 8 comentarios.

01/03/2005

martes, 1-3-05

"carta"

enumeras en catro fragmentos
as rutinas milimetradas dos teus fracasos.
léote, e deberías facerme máis triste, pero só sei acenar un sorriso, como se volveras nacer.
en min.
01/03/2005 18:54 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

28/02/2005

Casablanca2.jpgluns, 28-2-05

"Secuencia 1. Interior Tarde Día"

(remexendo vellos papeis veume o recordo daquel encontro á memoria, coma se fora a secuencia dunha vella película dos anos corenta).

chovía. petei na súa porta, mollada. abriu, nervioso, sen saber qué dicir. logo falamos toda a tarde. el asasinaba en cada silencio as orixes da súa tristeza. "gracias por sacarme do burato", dixo ó nos despedir. disto hai xa máis de seis anos. el era maior ca min, e supoño que iso me asustaba. queríao. nunca o soubo. creo que el tamén.

nin eu era Ilsa Lazlo, nin el Rick Blane.
28/02/2005 09:35 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

27/02/2005

domingo, 27-2-05

"conto tardío"

a personaxe principal non precisa nome, porque podería ser calquera lector.

ela chega tarde ó cine, outra vez. coma sempre, ela chega tarde a todas partes. tanto que el, o home de hai moito tempo, aparece collido da man doutra na saída da primeira sesión.

-ola, di el, sorprendido de vela.
-ola, responde ela, covarde.

xa non falan máis.

non lle mancou o encontro, e iso é o que lle fai dano.

quizais porque sabe que ela chegou demasiado cedo á vida del, hoxe é xa demasiado tarde para os dous.
27/02/2005 20:16 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

25/02/2005

images.jpgvenres, 25-2-05

"o que queda de min"

quén son
cando me pregunto as cousas que esvaran
cando aquí sentada agardo e me pregunto
as cousas que esvaran
e algo se me perde
entre os dedos,
sen remite
nin lugar de referencia onde recoller
os anacos perdidos do que queda

de min.
25/02/2005 22:25 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

24/02/2005

xoves, 24-2-05

"ideando vidas"

pedíronme hai poucos días desenvolver un proxecto de guión para antes deste luns. idear unha historia, con personaxes, presentación, nó e desenlace. así que levo varios días durmindo mal, dándolle voltas a unha historia sobre un personaxe solitario e triste que decide mudar por completo a súa vida coa esperanza de que todo mude a mellor. céntrome nos personaxes, (acendo un cigarro), imaxino as súas caras, (fito pola ventá), penso nas súas teimas, (as paisaxes a través do espello retrovisor). e, de súpeto, están aí, falándome ó oído. achéganse ó carón da miña cama para pedirme que lles siga dando vida, que non me durma, que precisan saír do ventre dunha vez por todas. insomnio. penso nos malditos prazos, que rematan o luns. non, que non sei se vou poder coa historia. érgome, acendo a luceciña do flexo antes de fitar de novo pola ventá. entón é cando decido que o guión terá unha resolución decadente:

nunca me gustaron os finais felices das películas norteamericanas.
24/02/2005 21:28 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

mércores, 23-2-05

"bocetos de Aquí".

fráxil e elegante coma unha bailarina que trazara pasos de baile nun acantilado. así é Aquí. apareceu por sorpresa, como case sempre pasa coas mellores cousas nesta vida, confundida entre os abismos do silencio. ás veces asoma a súa voz para susurrar segredos ó oído, como naquela canción de Tom Waits. tamén escribe. para entenderse. para que a entendan. lela é redescubrir Repúblicas esquecidas, ou oases agochados no deserto de Mojave.

faime ser máis triste os días que todo é malo, e tamén esbozar un sorriso cando todo é peor. coma unha pantasma agochada no aire aparece e desaparece, deixando o rastro das súas labirínticas pegadas.

son estes tesouros os que me fan entender que inda nos quedan as palabras. e todo o que baila arredor delas.

gracias, Aquí.

pantasma. bailarina. colleitadora de silencios.
24/02/2005 21:29 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

17/02/2005

xoves, 17-2-05

"o outro curriculum"

e redactas o teu curriculum nun papel, ordenando os escasos éxitos profesionais da túa vida en datas, números, reseñas, cursos, conferencias e demais cuestións aburridas. e pensas nas moreas e moreas de cousas importantes que de verdade che gustaría dar a coñecer a todos eses homes grises que visten de garavata.

-chámome Sara. Sara Jess.

-escribo.

-sei ler nos ollos da xente.

-un día vin cómo saía das súa crisálida unha bolboreta.

-ás veces non sei sorrir.

-bebo wiski cando saio e sinto que a xente non sabe escoitar.

-gústanme as historias de Paul Auster.

-un día regaláronme III poemas nunha estación de trens.

-de cativa soñaba con poder acariñar un elefante.

-cústame moito durmir sen ter a radio acesa.

-a soidade faime dano.

cousas demaisado importantes como para que alguén as almacene enriba do escritorio dun despacho, antes de pronunciar a consabida frase de "xa te chamaremos".

nunca han saber.
17/02/2005 22:16 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

12/02/2005

sábado, 12-2-05

"sonata en la menor"

de qué me vale o talento, a beleza os días que só sei quererme. el dime que debo ser máis dura, máis forte que todo o que me rodea. mais non o podo evitar. agardo ese intre no que nos atopemos, ti e mais eu, espreitando nas rúas que se torcen e conectan con outras, voltando a vista atrás cando se escoitan pegadas, erguendo a cabeza entre o ruido da música as noites que saio na túa procura, felicidade cabrona, e non estás.

non estás.

faltaches á nósa cita, coma sempre dende hai demasiado tempo.

de qué me vale a cordura, de qué as palabras, de qué os meus ollos grandes pintados de negro, se remato as noites enfrontándome ós espellos de baños escuros, preguntándome onde estou realmente.

que non, que a vida tiña que ser outra cousa, que te boto en falta cando non estás para suxeitarme forte da man. o mundo sen ti é unha enorme escultura grega sen alma por dentro. pero a felicidade non escoita. asoma o seu rostro un intre escaso desvelando os segredos de Pandora, facéndome crer que esta vez regresou para quedar. e entón chega ese momento dramático do pathos no que desaparece, e nin a súa sombra é quen de mudar o baleiro que deixa o rastro do seu recordo.
12/02/2005 19:48 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

07/02/2005

domingo, 6-2-05

"escribir unha novela"

chegar ó derradeiro local aberto en Compostela. nove da mañá. un rapaz na fase REM do seu sono, tirado no sofá. e ti, que pides un Jameson que che sabe raro, pero non dis nada, porque a esas horas non te toman en serio. acomódaste contra a barra para gardar o equilibrio. e todo está tan escuro que non parece que sexa día. entón, dez e media, once da mañá. o rapaz aquel segue a durmir no sillón. ti xa non sabes bailar. sen moverte do teu lugar pídeslle á camareira un papel. e escribes, escribes a condición pésima do teu corpo, a sensación de falta de equilibrio, os baleiros que se apoderan do teu estómago. e ninguén do redor se decata do que fas, porque é demasiado tarde para facer preguntas. deberías vomitar, e vomitas sobre todo o papel, dun outro xeito.

realmente hai noites que serías capaz de escribir unha novela.
07/02/2005 17:51 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

03/02/2005

xoves, 3-2-05

"os anuncios da teletenda"

polas noites, de madrugada, permañezo no salón, fitando os anuncios da teletenda, na procura do sono. hai camas inchables, aparatos que che tiran do músculo sen esforzo, ordenadores de última xeración e faixas máxicas que reducen catro tallas. fito a pantalla en silencio, mentres a cidade durme e eu contemplo todas esas caras felices que sorrín dentro da caixa parva, coma monicreques que se mofaran de tódalas cousas que a esas horas se remexen, sen perdón, no máis fondo das miñas entrañas.
03/02/2005 13:34 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

01/02/2005

oblicua398.jpgmartes. 1-2-05

"a intuición de Sara"

... tirado do libro "Trazo de tiza", de Miguelanxo Prado, outra vez.
01/02/2005 10:59 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

31/01/2005

Tangencias.jpgluns, 31-1-05

"tanxencias"

varias historias de amor, con sexo de por medio. todas rotas. todas dorosas. todas ancoradas nas lembranzas do pasado. o home que observa o seu vaso de wiski cando ela o abandona; a muller que regresa sempre que está triste ó mesmo lugar onde se deitou con el... pequenos relatos escritos e debuxados por Miguelanxo Prado, para chorar en silencio as tardes de domingo.
31/01/2005 14:26 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

domingo, 30-1-05

"ollos azuis, pelo negro"

na madrugada do sábado, ollos azuis pelo negro outra vez, como naquela novela de Margarite Duras. e el que te saúda e non sabes qué dicir. tan só buscar o mellor intre para marchar, fuxir. o máis sinxelo.
31/01/2005 14:22 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

28/01/2005

ver cara outro sitio.jpgvenres, 28-1-05

"foto"

ela fita co ollar perdido no pasado, allea á aperta del.
28/01/2005 15:08 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

27/01/2005

xoves, 27-1-05

"conto triste sobre os seus ollos claros"

a boneca que non sabía sorrir

el chama a ese número de teléfono.

ela di que lle levará vinte minutos chegar.

el acende un Ducados e dá voltas arredor do cuarto, nervioso, porque hai tempo que non o fai. porque hai tempo que non o fai el está nervioso.

ela chama á súa porta coma unha pantasma, vestida de negro.

el abre sen dicir nada, contemplando a súa beleza estraña.

ela observa os seus ollos claros fixamente, tan fríos que ten que apartar a vista, porque lle dan medo. e como lle dan medo necesita volver fitalos.

el está nervioso, porque hai tempo que non o fai. porque hai tempo que non o fai el dille que está nervioso.

ela pídelle que se tombe na cama, que xa se encarga de facelo todo.

el obedece en completo silencio.

ela íspese diante del antes de se acariñar os peitos, o sexo.

el sinte como algo duro comeza e emerxer só con contemplala.

ela encáixase a modo enriba del, pousándolle unha mamila sobre o bico da boca.

el recréase nos seus peitos pequenos, succionándoos ós poucos.

ela baixa a man e comeza a tocalo a modo, rozándose os corpos.

a el pónlle nervioso que ela non deixe de velo ós ollos.

ela susurra que non o coñece, pero que un ollar tan claro ten que agochar pantasmas.

el pregúntalle se ela é feliz. sabe que non debía telo feito, pero agora xa está.

ela responde que non lembra xa cándo foi a última vez que lle preguntaron algo semellante, e que seguramente por iso non o é.

el dille que non sabe se poderá facelo, que despois desa resposta non sabe se poderá facelo.

ela di que nunca vira uns ollos tan claros, e que de tan claros presinte que algo estraño vai pasar.

el apártase a un lado, arrepentido e suxo.

ela non entende nada, e como non entende nada ten ganas de chorar.

el confesa que ten a cabeza noutro sitio. que non pode facelo, sabendo que ela non é feliz xa non pode facelo.

ela bérralle covarde. porque lle preguntou se era feliz non acepta o seu rechazo.

el pídelle estar só, porque nada diso ten sentido. dille que hai unha billeteira sobre a mesa, que colla o que ela necesite, que os cartos non son un problema.

ela síntese máis suxa ca nunca, porque o quere ela síntese suxa. tira os billetes fóra e os queima con xenreira sobre o cinseiro.

el non di nada, porque a entende. porque a entende el non se atreve a dicirlle nada.

ela está espida e ten frío.

el érguese da cama e tráelle o vestido que ela deixara caer ó chan.

ela bérralle que o odia, que porque o ama tanto só pode odialo.

el non sabe qué responder, porque esqueceu cómo atreverse a sentir.

ela di que uns ollos tan claros só podían mancala. vístese calada e fítao intensamente antes de botar un sorriso forzado. un sorriso que el lle pide, para imaxinala feliz.

el contempla o corpo dela en silencio, tan delgado que semella unha fráxil boneca sen dono. unha fráxil boneca que pecha a porta daquel cuarto de motel con ollos de gata triste, en silencio.

el colle o caderno de viaxe, e comeza a escribir por vez primeira en moitos meses. e escribe que a bota de menos. que porque a bota de menos xa nada vai ser o mesmo de antes.

ela sube a un taxi.

chove fóra.

a través do cristal observa a toda esa xente que camiña pola rúa.

ninguén sorrí.
27/01/2005 15:02 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

24/01/2005

CA8D6BU9.jpgluns, 24-1-05

"e entón descubrín a Alejandra"

no
las palabras
no hacen el amor
hacen la ausencia
si digo agua ¿beberé?
si digo pan ¿comeré?
en esta noche en este mundo
extraordinario silencio el de esta noche
lo que pasa con el alma es que no se ve
lo que pasa con la mente es que no se ve
lo que pasa con el espíritu es que no se ve
¿de dónde viene esta conspiración de invisibilidades?
ninguna palabra es visible

de Alejandra Pizarnik, poeta arxentina nada no 1936.
24/01/2005 18:26 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

20/01/2005

xoves, 20-1-05

"remexer nas entrañas"

Jameson, onte á noite. sentar nunha butaca ata que o wiski ferve e me remexe as entrañas. entón, as verdades comezan a tirar do teu subconsciente. e falas, sen medo a que te xulguen por ser sincera, logo de moito tempo. tanto tempo sen ser ti, que che doe ter que dicir as verdades bébeda. e el, ó que lle pides falar para tirar todos eses pantasmas que levas dentro, ó que a penas coñeces de nada. pero sabes que necesitas contarlle todo o que se che pasa pola cabeza. e non pode escoitarte, se cadra porque ten medo; se cadra porque ten medo di que non pode escoitarte, que é mellor agardar a outro día mellor para falar, que non é o momento. e o Jameson veña a remexer nas entrañas. e non te tambaleas pero dis a verdade. "non hai nada máis triste que unha voda", lembras que escribía o teu amigo. e non sabes por qué se che dá por lembrar esa frase, pero aparece. pasan das cinco da mañá e sabes que hoxe, por vez primeira en moito tempo, non hai nada máis triste ca ti.
20/01/2005 19:58 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

19/01/2005

mércores, 19-1-05

"o poema que escribín detrás da foto"

lin unha vez "a ira fainos fermosos".
sabes que te odio
no baleiro que me causan os teus

silencios.

por iso me tes aquí,

olvidada:

amas demasiado a beleza.

podería asasinarte con furia.
fareino un día e, entón,
serei a máis fermosa de todas.
19/01/2005 11:21 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

martes, 18-1-05

"sobre pensamento e liberdade"

pertenzo, igual ca ti, á rama dos denominados "seres superiores" que pensan, e o pensamento faime ser distinta de ti e de todos, porque a través del formulo a miña propia teoría persoal sobre a vida que me rodea. ó crear a miña teoría quero crer que é a única, a verdadeira.

coido, coidaba, que as cousas, o mundo que me rodea, eran tal e coma eu os quería entender. o problema xorde cando descobres que as cousas, as teorías, tórcense ás veces, porque quedan moitos cabos soltos, imposibles de abarcar todos, imposible entender por completo o mundo con simples metáforas, palabras. porque a realidade torna sempre en símbolos que poden confundir. porque as teorías, como dicía Guy Claxton, fabrícanse e consúmense, son mercancías, non a verdade. grande pode ser unha formiga e pequena unha montaña se eu as vexo así. difícil pode ser comunicarse con mil páxinas escritas, doado cunha soa frase. e tamén ó revés.

e chega entón o día, a noite, na que espertas do teu soño. e ti, ser intelixente deste planeta, descobres as falacias da linguaxe, dos ollos, das flores; fermosa é unha flor, pensas. pero tan fea e triste nos cadaleitos dos mortos; pequena unha formiga, pero enorme cando a espreitas cunha lupa no medio e medio do xardín. grande pode ser o teu amor cara el, e triste e doloroso os días nos que só queres estar soa. ese descubrimento da verdade que non é tal, tan súbito, fai un buraco nas entrañas que permañece tan baleiro como as palabras que non atopas. e quererías deixar de ser esa raza superior que vive a través da linguaxe, das mentiras entón. a miña intelixencia tórnase, cos sentimentos, nunha conducta básica chea de instintos que deberían ser tan só reflexos, para non mancar.

gustarías ter somentes simples reaccións adaptativas ó medio. se sentir fai dano e o dano manca, aprendes da dor coma se fora un erro no que non queres volver caer. pero caes unha e mil veces. entón procuras, co tempo, que os teus actos se volvan máis básicos, saltando varias escadas da evolución. e no mesmo instinto descobres que sobrevive un xermolo de conducta non adquirida, a capacidade de precisar, de amar, de sentir. tan importante ou máis que a túa supervivencia, que comer ou durmir atópase o "eu", todo o que ti representas. e quererías reaccionar tan só con simples reflexos ó medio, coma se foras unha minúscula bolboreta que buscara luces acesas na noite. pero non podes desfacerte do pensamento.

velaí o teu grande descubrimento destes días: pensar fainos ser superiores ó resto dos animais. a linguaxe é relativa, e as verdades tamén. ser superior nos pode levar tamén ó camiño da inferioridade. sobrevives, si, comes, bebes, dormes, acordas, practicas o sexo. pero non podes curar o pensamento que tanto manca e do que es incapaz de protexerte, porque para o mesmo non existen as coirazas.

e cando o pensamento doe e fere no máis fondo do teu ser, espreitas esa bolboreta tan simple que voa entre as plantas do teu xardín, e sabes que o seu único obxectivo é a seguinte flor. comprendes, entón, quén é realmente máis libre das dúas. e non eslabón gañador non apareces ti.
19/01/2005 11:22 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

17/01/2005

luns, 17-1-05

"rutinas ó Augusto Monterroso"

cando acordei, el non estaba alí.
17/01/2005 13:46 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

05/01/2005

mércores, 5-1-05

"soa en Compostela"

esta merda de traballo, para poder continuar coa carreira e a miña vida construída ós poucos en Compostela. mátame ás veces. desexaría romper as botellas contra as paredes e vomitar por riba de tódolos clientes que veñen ó pub. ninguén interesante con quen falar. e esta noite, soa en Compostela. os Reis Magos seica non o eran tanto. e a mesma xente de sempre virá ó local para falarme das mesmas cousas de sempre. e aborrecereinos inda máis, coma sempre, antes de marchar camiñando ó novo piso, cos novos compañeiros. chegar ás seis, ducharme, cear algo diante da televisión. deitarme cando xa é día. durmir ata tarde. e mañá, falar cos de casa por teléfono, supoño. escribir algo ou ir ó cine para chorar agochada nunha das butacas. e o amigo que me di "dende a túa brillante madurez, xa sabes ben que a felicidade non existe: tan só os bos momentos". e eu sei que ten razón.
05/01/2005 18:01 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

04/01/2005

izzystone.jpgmartes, 4-1-05

"Lulu on the bridge"

síntome como a rapaza deste filme de Paul Auster; ela tiraba aquela pedra máxica ó río, dende aquela ponte, porque de nada lle valía non poder compartila.
04/01/2005 21:32 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

03/01/2005

foto23b.jpgluns, 3-1-05

"felicidade"

desexáronme ser feliz os 365 días deste ano. polo de pronto, comeceino sustituíndo as uvas na Quintana por doce groliños de Jameson. logo, despois, hoxe, Rianxo; o mar, o reencontro cos amigos, coas conversas porque si. sempre foron as cousas cativas coma estas as que me fixeron sorrir.
03/01/2005 23:00 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

24/12/2004

venres, 24-12-04

"regreso ás Ítacas"

hoxe vou durmir na miña Ítaca da infancia, Vilatriste, logo de cinco meses sen a penas ver á familia. a casa que noutrora fora o berce da miña vida convértese, cada vez que regreso, nun lugar alleo e distante, como se tódolos obxectos do vello cuarto pertenceran a un estraño soño que a penas lembro xa.

LA CIUDAD

"Dices «Iré a otra tierra, hacia otro mar
y una ciudad mejor con certeza hallaré.
Pues cada esfuerzo mío está aquí condenado,
y muere mi corazón
lo mismo que mis pensamientos en esta desolada languidez.
Donde vuelvo mis ojos sólo veo
las oscuras ruinas de mi vida
y los muchos años que aquí pasé o destruí».
No hallarás otra tierra ni otra mar.
La ciudad irá en ti siempre. Volverás
a las mismas calles. Y en los mismos suburbios llegará tu vejez;
en la misma casa encanecerás.
Pues la ciudad siempre es la misma. Otra no busques
-no hay-,
ni caminos ni barco para ti.
La vida que aquí perdiste
la has destruido en toda la tierra".

Kavafis
24/12/2004 14:35 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

22/12/2004

mércores, 22-12-04

"mudanzas"

esperto. as sabas cheiran a sexo quente. érgome en soños antes de me decatar de que o piso vai deixar de ser o de sempre. mudámonos a outro lugar. hai caixas esparcidas polo chan. os discos nun lado, os libros e as cintas de vídeo noutro. tamén hai unha inmensa colección de obxectos inútiles que algún día gardei porque me traían recordos. hai roupa acumulada en bolsas e unha desorde xeral que ule a tristeza e abandono. acendo a luz do baño e logo fítome no espello. creceume moito o pelo dende que comecei a vivir aquí. deixeino crecer porque a el lle gustaba. pasou o tempo. regreso ó cuarto. fíxome na mancha de humidade que hai nunha esquina da parede. cada vez estase a facer máis grande. quizais sexa mellor así, marchar, mudar de sitio antes de que a mancha me engula e xa non haxa marcha atrás.
.
.
.
.
.
.

"Si supieras
lo que pasa por mi cabeza, me amarías.
Si lo dijera, huirías.
Como lo callo, me ignoras".

do autor Sergi Puertas, tirado do seu libro En el país de los ciegos, el tuerto es el politoxicómano.
22/12/2004 14:04 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

14/12/2004

tristeollos.jpgmartes, 14-12-04

"os seus ollos, outra vez"

pero que é o que ten este home, que non fago máis que buscar fotos dos seus ollos na rede?
14/12/2004 19:55 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

13/12/2004

tony leung.jpgluns, 13-12-04

"2046""

fun vela onte á noite. actúa Tony Leung. quedei prendada do seu ollar en "Deseando amar", que tamén dirixe o elegante Wong Kar-Wai. é un filme que se recrea en cada imaxe, en cada xesto. unha historia triste de amores imposibles, de trens que conducen ó pasado na procura de recuperar sentimentos que nunca máis han volver. tan só continúan presentes na memoria, por iso mancan.
13/12/2004 21:05 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

02/12/2004

xoves, 2-12-04

"homo raris"

traballar nun pub as fins de semana para sobrevivir: velaí a historia de calquera estudiante de Compostela. a xente da noite arriba co seu sangue saturado de alcol sobre a barra, cuspindo as mesmas palabras que nunca saben mudar. non hai lugar para as boas conversas. unha noite entrou el, pediu un cacaolat con coñac e preguntou se eu era Sara. agardou calado nun recuncho da barra na procura dunha resposta. logo falou de cousas importantes, ás que eu non podía atender. e marchou. era un "homo raris" perdido no medio e medio da marabunta.
02/12/2004 14:20 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

01/12/2004

mércores, 1-12-04

"a morte de Ulises"

e ti que agardabas dende o fondo da túa caverna a chegada de Ulises, agochada baixo o abrigo das sombras e do silencio, coma se só coa protección dos veos a escuridade non te asustara, nin as ausencias do heroe que non está porque nunca existiu. mais os teus ollos quixeron agocharse tanto do mundo do real que xa non ven máis que as ideas do que queres ver. e de nada vale xa andar na procura de ser a mellor tecedora de palabras, porque Ulises quedou cego e non pode ler. de nada vale a busca do brillo nos seus enormes ollos de viaxeiro, porque se volveron opacos de tanto mirar. e ti, coma Penélope, abrigando as túas sombras con palabras, sentes o frío eco da túa voz resoando na inmensidade do abismo nunha espera sen retorno. o grande heroe morreu e te enfrontas soa á realidade, enrarecida polas luces que emerxen fóra do teu acubillo.
01/12/2004 14:15 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

25/11/2004

xoves, 25-11-04

"descubertas"

e despois está o medo ás descubertas, temendo crer que cheguei ás Indias, cando onde realmente estou é en América. medo a enganarme coa escala do meu mapa e estar a viaxar cara un lugar sen nome por un camiño

que

non

sei

se

sei

trazar.
25/11/2004 21:55 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

22/11/2004

luns, 22-11-04

"como un corvo que peteira no corazón, cito"

el escribe novelas. tamén el. el que fuma despacio observándome cos seus ollos pequenos e claros mentres describe cómo matar o tempo fitando dende a ventá da bufarda a cidade, que semella unha maqueta con coches de xoguete. e el, tamén el, pregúntame antes de marchar "cáles son os teus medos", agardando a miña resposta. como se tirar fóra as miserias fora cousa doada de confesar á primeira, sen dar cabida á mentira. ficciónolle os meus medos entón, e as derrotas, inda sen saber mentir. e penso por qué carallo tiña que vir agora ninguén a tirarme os pantasmas fóra da maldita lata onde viñan as pastas.
22/11/2004 09:00 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

17/11/2004

mércores, 17-11-04

"podería ser o inicio de calquera película"

ela pregúntase

-e así era entón a vida?

sabe que lle gustaría que todo saíra sempre ben, mais tamén sabe que o feito de que non sempre se cumpra dalle dobre valor ós intres felices.

el contesta

-así é a vida, un ir a ningures, un estar movéndote sempre polo mesmo camiño. os momentos felices hai que gardalos na caixa de lata na que viñan as pastas.

-son feliz cando falo contigo, responde ela.

e el contesta que a felicidade deses momentos é totalmente compartida.

-estás ben? engade el.

-estar ben tamén é relativo, contesta ela.

el semella un sereno colleitador de silencios nocturnos que velara polos seus ánimos.

xa non falan máis.
17/11/2004 20:22 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

05/11/2004

venres, 5-11-04

"espello"

eu. ante o espello. eu que me toco e me miro e non sei o que vexo. eu que me gusto tanto como podo odiarme na inmensidade do cristal reflectido de alguén que son eu. e non é. eu que imaxino mundos paralelos cando o que vivo é este, e sempre este cando non estou. pero estou. e sempre todo semella ser igual cando me miro e non me atopo ó estender a man e tocar esa figura que son eu. e non é.
05/11/2004 14:38 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

03/11/2004

cosas.jpgmércores, 3-11-04

"cosas que nunca te dije"

onte aluguei esta película de Coixet. Ann lembroume un pouco a min, gravando tódolos seus medos diante dunha cámara de vídeo. logo pasei a noite dándolle voltas á historia. as cousas que nunca se din, soen ser as máis importantes, dicía o protagonista. pensei en tódolos silencios calados, e xa non puiden durmir.
03/11/2004 18:13 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

02/11/2004

cama.jpgmartes, 2-11-04

"entre as sabas"

este podería ser el, entre as sabas dunha cama; ó seu carón ela que durme. el permañece esperto, pensando cousas que eu nunca saberei.
02/11/2004 19:19 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

13/09/2004

ThomasWilliams.jpgluns, 13-9-04

"modificando aberracións"

pendurei, nun comezo, no blog de hoxe unha foto que amosaba o decadente estado físico de Don Manuel, logo dunha madrugada que pasei diante da telegaita colmando o insomnio con envelenadas doses de mitin peperiano. logo, a fealdade desa foto pareceume tan obscena que decidín pendurar mellor unha fotografía de Robert Mapplethorpe, onde fai gala da súa concepción do espacio e a xeometría nos corpos espidos. toda unha mellora visual.
13/09/2004 19:43 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

10/09/2004

venres, 10-9-04

“a muller sen nome”

ela fumaba bébeda de xenebra e soa un Ducados atrás doutro mentres fitaba un punto inexacto da ventá. eu observábaa atrás da barra, pensando cál podería ser a orixe das súas derrotas. ela agarrábase a fronte e sorría triste de cando en vez, antes de calcinar definitivamente unha nova cabicha dos seus cigarriños. logo marchou. eu nunca saberei o seu nome.
10/09/2004 16:04 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

xoves, 9-9-04

“aferrarse ás cousas”

pasei a mañá do mércores falando cun rapaz apaixonado da fotografía que foi reporteiro en Irak. estamos a elaborar un documental sobre África. faloume da súa viaxe por todo o norte africano, do xeito de entender a vida que ten esa xente. dentro dun mes vai comezar unha nova viaxe por Rumanía, Malí e Colombia. ás veces pregúntome qué fago ancorada tanto tempo aquí, en Galiza. e penso que quizais debería probar a marchar, agora que son nova. pero, logo de pensalo, éntrame tanto medo á soidade dos lugares descoñecidos, que desisto na idea. sinto que me aferro demasiado ás cousas, ás persoas. e non sei se iso é bo.
10/09/2004 16:02 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

07/09/2004

martes, 7-9-04

"cambios"

fálame dun posible cambio na súa vida que quizais nos afaste. pregúntame a miña opinión. quero o mellor para ti, respóndolle. pero sabe que sinto medo.
07/09/2004 21:04 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

06/09/2004

luns 6-9-04

"un texto"

"Unha noite. Ela pregúntalle se podería facelo coa man, sen se achegar a ela, polo tanto sen mirar.
Pero el di que non pode. Non pode facer nada semellante cunha muller. Non pode chegar a expresar o efecto que lle causa esta pregunta por parte dela. Se aceptara, correría o risco de non volver vela, nunca, e quizais incluso de lle facer dano. Tería que saír da habitación, esquecela. Ela di que é o contrario, que non pode esquecer. Que como nada sucede entre eles, permañece infernal a lembranza do que non sucede".

Marguerite Duras; Os ollos azuis, pelo negro.
06/09/2004 21:15 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

04/09/2004

sábado 4-9-04

"de vómito e miradas"

míroo. mírame. míranos. míroa. mírame. mira. miramos. mira. vomito.
04/09/2004 21:56 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

venres, 3-9-04

"madrugada"

ruído de coches, de xente que comeza a traballar de madrugada, ignorados por tódolos que dormen agás aqueles que chaman bébedos nas entrañas horas na procura de baleirar pantasmas. e ninguén entenderá nunca os fíos invisibles, as palabras baixo o abrigo das mantas dalguén que escoita, escoita todos eses ruídos intuídos no final da noite. e unha bucina que soa enxordecendo o xusto intre no que se pronuncian palabras que xa non se repiten. alá fóra, as rúas teñen un tinte mollado de recente tormenta. e hai un algo nos adentros que vén e que vai e logo xa non está. pero está.
04/09/2004 21:55 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

02/09/2004

xoves 2-9-04

"cadro"

podería fitar eternamente este cadro de Egon Schiele e nunca cansaría. é coma se se eu fora esa muller de cabelos negros e longos, apertando por sempre un corpo, coma se temera que algún día remataraas
02/09/2004 21:21 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

mércores 1-9-04

"a fuxida"

setembro. o verán queda atrás. unha mudanza de estación supón tamén unha renovación por dentro. mais son incapaz de esquecer os asuntos pendentes. as palabras silenciadas. dáme a sensación de que murcharon como follas caducas e xa non poderei recuperalas xamais.
02/09/2004 12:25 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

same1.jpgmartes 31-8-04

"cartaz"

atópome na rede con este cartaz. faime lembrar aquela carta de hai tempo.
02/09/2004 12:16 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

21/08/2004

sábado 20-8-04

"historia dun descoñecido"

regreso a Compostela cargada coa miña maleta de rodas. entro nunha tenda para mercar froita e iogures. pregunto cánto é. entra un rapaz que se queda mirando. mentres el paga lembro que esquecín mercar pan. quedo na tenda pagando mentres el marcha. ó saír, el agárdame no primeiro paso de peóns que me cruzo. pregúntame, ti tamén vés facer turismo soa a Compostela?. quédome mirándoo. é guapo. non, eu vivo aquí, respondo. e sen máis marcho. camiñei longo sen fitar atrás. chegaba tarde ó traballo. non o volvín ver.
21/08/2004 17:29 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

venres 19-8-04

"estás ben?"

venres noite. cea. viño. tequila. sair por aí coa xente de sempre. chupitos de wiski. cervexa. último local. seis da mañá. madrugada. un baño. pantasmas na cabeza. retrete. vómito. pantasmas fóra do meu corpo. tirar da cadea. lavarme a cara. fitarme no espello. apartar a un lado os cabelos. a vida, a vida é unha enfermidade de transmisión sexual que provoca irremediablemente a morte, lembro que me dixeron un día. sair fóra de novo. e el que me pregunta, estás ben? e eu que lle respondo. estou bébeda, pero xa pasou.
21/08/2004 17:21 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

xoves 18-8-04

"máis Platón e menos Prozak"

cando levas meses cargando con problemas e de súpeto todos saen á luz, estoupas. entón pensas que todo o teu mundo se desmorona. depresión unha, dúas, tres semanas. nada do teu redor te estimula o suficiente. mais, un día, érgueste e decides que non, que non vas amañar nada quedando soa no piso, lamentándote. entón comezas a entender a vida dun outro xeito. e todo cambia.
21/08/2004 17:25 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

mércores 17-8-04

"aniversario"

o amigo cumpre anos. fitei longo o teléfono para felicitalo. mais levo tanto se falar con el que sempre temo que as cousas lle vaian mal. por iso non chamei. imaxineime dicíndolle "moitas felicidades, vello", e que a súa resposta fora un frío e reflexivo silencio.
21/08/2004 17:14 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

16/08/2004

luns 16-8-04

"unha chamada"

nunca me gustou a soidade prolongada, como a de todos estes días calados en Compostela. onte, cansa, masturbando a miña intelixencia con decadentes programas de televisión, chamáronme por teléfono. falamos a penas dez, quince minutos de cousas cativas. logo, ó colgar, sentínme ben.
16/08/2004 17:12 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

domingo 15-8-04

"un poema de Luís García Montero"

No parece un paisaje,
sino la descripción desalentada
y seca de un paisaje.

Con las paredes sucias.
con la crueldad del sol taxidermista
a las tres de la tarde.

Porteros automáticos,
balcones viejos, nombres de almacenes,
la taberna cerrada.

El mes de agosto empuña
su linterna realista y su distancia,
igual que un paseante.

Madrid, calle vacía,
anécdota de vidrios y letreros,
de relojes ocultos.

Porque existe una esquina
donde suele citarse la memoria
con la imaginación.

Y las huellas se hunden
hasta pisar, no sé, dudosamente,
la conciencia del tiempo.

En un escaparate
cabe el invierno, fluyen los otoños,
la primavera mueve.

Las ruedas del verano.
es una sensación, sólo un minuto,
pero hay sombras y días

Para salir del cine,
para crecer en un portal antiguo,
para aburrirse mucho

O ser feliz y verte
regresando a tu casa del colegio
una tarde de lluvia.

Es tu ciudad. De pronto
camino hasta perderme por las calles
de la memoria ajena.

Una sombra en mi sombra,
vuelve a pasar tu tiempo y se hace mío.
también me ocurre a veces

Después de algún poema.
se convierten en calles las palabras
a la sombra del tiempo.

Ese tiempo que habla nuestro idioma,
pero sólo pronuncia nuestros nombres
con acento extranjero.
16/08/2004 17:12 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

sábado 14-8-04

"fíos"

teño un colega ó que vexo en contadas ocasións, cando viaxo á súa vila. sempre rematamos falando de cousas transcendentais. hai unhas semanas atopámonos de novo. falamos longo. era coma se non puidéramos despegarnos e a conversa fora ser eterna. ó final fixo o ademán de desatar un fío imaxinario que nos unía polo embigo. e marchou.
16/08/2004 17:38 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

venres 13-8-04

"a miña canción"

no lugar onde traballo soa eternamente un triste fío musical. onte, no medio e medio do abogio de peregríns que pedían con presa unha consumición, entre o ruido da xente e a máquina de café, Lenny Kravitz cantaba para min. por un intre non existía nada máis.
16/08/2004 17:37 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

10/08/2004

martes 10-8-04

"ollares"

hai días raros coma os de hoxe. érgueste no teu día libre cansa, con todo o cuarto cheo de desorde. bérraslle ós teus compañeiros de piso polas coladas que nunca poñen. abres a neveira e atópala vacía. chaman os de casa para botarte en cara os recados que non fixeches. e é coma se o mundo estivera contra ti. entón saes á rúa e todo cambia. o día gris e chuvioso ten raiolas de sorrisos contidos de estraños e xornais ó carón dun café. e te decatas de que a felicidade depende sempre dos ollos con observes o teu redor.
10/08/2004 21:52 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

luns 9-8-04

"despedida"

traballo esporadicamente nun concorrido bar de Compostela. onte despediuse de nós un camareiro polaco que fala cinco linguas, delicado e xeitoso, que non quere regresar ó seu país. non sabía cal ía ser o seu futuro de aquí en diante. así que, de madrugada, brindamos con catro chupitos. "pola vida que nos agarda", dixemos mentres el sorría triste. e sentínme estrañamente ben.
10/08/2004 21:44 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

domingo 8-8-04

"agasallo"

tal día coma hoxe descubríronme un tesouro: unha vila Republicana e pequena que leva o meu nome. un agasallo especial e cativo para non esquecer. como case tódalas pequenas cousas da vida, as máis importantes.
10/08/2004 21:53 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

04/08/2004

mércores 4-8-04

"insomnio"

levo varios días sen poder pegar ollo. encérrome na saliña a escribir de madrugada unha historia tan longa que xa me esgota. fito de cando en vez o meu teléfono na procura de que pase algo. pero todo segue igual.
04/08/2004 13:57 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

03/08/2004

martes 3-8-04

"pensamento"

but oh! thought kills me that I'm not thougth

W.Shakespeare
03/08/2004 17:58 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

30/07/2004

ladrivenres 30-7-04

"o ladrón de bicicletas"

tantas páxinas gastadas en balde na procura de escribir un guión, cando nada máis tráxico houbo na historia do cine que o roubo dunha simple bicicleta.
30/07/2004 17:30 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

ed_harris4.jpgxoves 29-7-04

"os homes da miña vida"

quédome con Ed Harris en Las horas, esa mirada quente que lle bota a Meryl Street antes de rematar coa súa vida enferma; quedei prendada del nese filme. tamén está o Kevin Spacey de Atando cabos , coa súa máquina de escribir, ideando portadas xornalísticas mentres intenta esquecer o pantasma da súa muller que inda lle ronda a cabeza. nunca lle agradecerei o suficiente a Isabel Coixet que me descubrira a Mark Ruffalo naquela lavandeiría, fitando intesamente a Sarah Polley durmida nun sofá. Ralf Fiennes, en O paciente inglés, ten toda a sensualidade dos que excitan a unha muller bicándoa na clavícula. gústame Paul Beante en Master and Commanders , onde fai o papel dun naturalista intelixente e delicado, con eses ollos pequenos e craros, tocando o violín. Geme Hackman é o último home duro da súa xeración. tamén está a estraña beleza de Takeshi Kitano en Brother, tan frío e fráxil ó mesmo tempo.

son os homes perfectos da miña vida, os que nunca fallan, por seren ficcticios. a vida pasa, as cousas mudan, e eles continúan vivos eternamente, encarnados nos personaxes das súas películas. marcando o inicio dos soños, onde a ficción sempre ten cabida.
30/07/2004 17:50 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

28/07/2004

mércores 28-7-04

"palabras"

resulta estraña ás veces a hora do café
o ritual consabido de levar
un cigarro á boca
mentres trazas conversas baleiras coa xente
nese días nos que hai medo á soidade.
as palabras caladas, estrañas tamén.
medo a deixalas escapar.
non saber, non querer ou non poder
pronuncialas.
28/07/2004 18:40 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

27/07/2004

martes 27-7-04

"maldigo"

maldigo tódolos silencios que causan desacougo. e mil veces máis as palabras tardías.
27/07/2004 20:00 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

moore.jpgluns 26-7-04

Michael Moore

onte a tarde fun ver Fahrenheit 9/11, moi ó estilo da oscarizada Bowling for Columbine. de todo o documental quédome coa reflexión final na que se denuncia a necesidade de crear guerras polos que teñen o poder, ás que só van loitar as clases sociais máis baixas. un ciclo necesario para manter a xerarquía social que dende sempre fixo ós ricos máis ricos e ós pobres máis miserables. agardo que este documental logre abrir os ollos ós votantes estadounidenses. entrementres, pregúntome cándo teremos un Michael Moore galego que logre amosar sen tapuxos o absolutismo obsceno que governa a Galiza.
27/07/2004 20:04 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

domingo 25-7-04

"casa vella"

hai uns meses visitei a antiga casa da infancia. decadencia e po por todas partes. uns desacougantes cadros de pallasos seguían pendurados do que fora o meu cuarto. sempre me asustaron.
27/07/2004 19:48 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

sábado 24-7-04

"outono en Compostela"

seica hoxe é día grande en Compostela. agóbianme as aglomeracións, como contemplar o lume de artificio apiñada no Obradoiro entre milleiros de turistas. prefiro as tardes de outono tranquilas, cando o frío comeza a chegar pero inda non chove, perdéndome por ruachas onde a penas pasa xente.
27/07/2004 20:23 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

venres 23-7-04

"escribindo diálogos de madrugada"

-es feliz? preguntáballe un día John a Shelma.
-ás veces, só ás veces; na maioría das ocasións sinto un estraño desgarro por dentro que me provoca un enorme baleiro.
-acabas de entender o verdadeiro senso da vida: sen dor as cousas positivas non teñen sentido.

Shelma fitouno cun interrogante.

-estamos entón condenados ó fracaso?
-non, equivócaste, estamos condenados a lembrar eternamente os bos momentos.

anoitecía xa, e ó lonxe da praia podían contemplarse gaivotas que voaban dun lugar ó outro. Shelma soterraba a modo os pés na area, coma querendo agochalos.

-sabes? dixo ela. agora mesmo son feliz aquí, contigo.

e apertouno forte para non esquecer.
27/07/2004 19:47 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

buzzati.jpgxoves 22-7-04

"historia de desertos"

a novela de Dino Buzzati, O deserto dos tártaros, é máis que unha historia de guerra, máis que unha historia de lealdade amiga, moito máis que a historia dun home perdido nun lugar recóndito. sobre todo fala da soidade ontolóxica e o silencio. porque todos nacemos e morremos sós. nunca nada tan sinxelo resultou tan difícil de asumir.
27/07/2004 20:28 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

aznar-smoke.jpgmércores 21-7-04

"asasinatos silenciados"

fumar mata, empéñanse en repetir os de arriba, como unha condena. e é certo. mais ninguén censura a maquillada ignorancia na que procuran sumirnos. quizais porque dese xeito resulta máis doado o silencio das masas, o autosuicidio colectivo do pensamento do que eles non falan. porque as cousas que non teñen nome é coma se non existiran. os silencios non sempre son bos; tamén é preciso berrar.
27/07/2004 20:20 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

26/07/2004

deseandoamar[1].jpgmartes 20-7-04

"de vida e ficcións"

un dos meus filmes favoritos é Deseando amar. síntome como o protagonista da historia, que baleiraba os seus segredos en pequenos buracos que atopaba nas paredes. ás veces creo que podería resumir a miña vida montando fotogramas de películas, tan intensas como tódalas cousas que calo.
26/07/2004 20:54 Enlace permanente. Hay 1 comentario.

Poeta-Lois-Pereiro.jpgluns 19-7-04

"sorrí, Lois"

sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.

versos de Lois Pereiro, que afirmaba o seguinte "se alguén, cun poema meu, meditase sobre a súa vida e autodignidade, eu sería feliz. a min sérveme para salvarme do meu propio espírito". sorrí entón, Lois, dende onde queira que esteas, por tódalas cousas que me fas entender.
26/07/2004 19:30 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

domingo 18-7-04

"nada"

tarde en branco. nada que facer. país de silencios onde todo segue igual. o ceo está gris. hoxe tampouco quere sair o sol.
26/07/2004 18:46 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

sábado 17-8-04

"o día que descubrín o agochado segredo das nubes"

de cativa cría que as nubes estaban feitas de algodón. un día díxenlle á mestra "eu quero viaxar en avión para abrir a ventaíña e levarme unha nube a casa e colgala dun cordel, na habitación". explicoume o por qué de non poder cumplir ese soño. creo que esa foi unha das primeiras perdas de inocencia que lembro.
26/07/2004 19:36 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

venres 16-7-04

"radio"

hai catro anos lía artigos na radio. recibía cartas de oíntes que me contaban cousas da súa vida: asustoume comprobar a cantidade de xente que se sinte soa.
26/07/2004 18:44 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

xoves 15-7-04

"Compostela"

Compostela é distinta. vivir aquí múdame o carácter. saír á rúa e ver xente axuda cando precisas desconectar. nunca soportei o silencio máis de dúas horas. prefiro o ruído das tardes, a xente polas ruachas, estender a man a través da fiestra e sentir coma se puidera modelar os edificios.
26/07/2004 19:39 Enlace permanente. Hay 4 comentarios.

mércores 14-7-04

"o eucalipto"

a vila onde nacín está tan agochada que a penas ten cartaces para sinalar os lugares. cando alguén quere atopar a miña casa debo indicarlle da seguinte maneira. " ... e cando chegas á hermida vallada, torces á dereita, xusto no cruce que ten ese enorme eucalipto".
26/07/2004 19:38 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

martes 13-7-04

"datas"

é día especial. ás veces penso que debería esquecer as datas parvas que nembargantes foron importantes. non leva a ningures; tan só sirve para mancar un pouco máis por dentro.
26/07/2004 18:42 Enlace permanente. Hay 5 comentarios.

12/07/2004

somke.jpgluns 12-7-04

"casualidades"

Paul Auster, o narrador de coincidencias: caeu nas miñas mans, de casualidade, e agora xa non podo despegarme del.
12/07/2004 18:10 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

bush.jpgdomingo 11-7-04

"a dictadora"

tarde de fotos a unha mosca que se pousaba na ventá. atrapámola dentro dun vaso para que non fuxira. ó rematar, esquecímonos dela. quedou alí encerrada, toda a tarde. cando me lembrei e a soltei fóra sentínme unha verdadeira dictadora.
12/07/2004 18:51 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

sábado 10-7-04

"tempos de silencio"

Xapón está a ser un dos países con maior índice de suicidios . moitos acuden ás montañas máis altas ou aproveitan as vías do metro para remataren cos seus pantasmas. quizais os suicidas somentes precisaran ter alguén con quen falar. vivir rodeados de xente e, nembargantes, sentirnos sós: velaí reside a traxedia máis decadente da era da comunicación.
12/07/2004 17:59 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

09/07/2004

venres 9-7-04

"o día que miña avoa me descubriu a Rivas".

ela viña dunha viaxe a Camariñas que organizaran as mulleres rurais de Vilatriste. deume un libro e dixo "toma; regaloumo un escritor que nos convidou a comer fabas na súa casa". era Mohicania, unha edición difícil de atopar. lin aquel libro unha, mil veces. tiña quince anos. non souben quén era Rivas ata varios anos despois. hai uns meses atopei un artigo seu en A nosa terra no que lembraba esa tarde de fabas na súa casa. linllo á miña avoa. escoitoume en silencio. sorriu.
09/07/2004 12:09 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

xoves 8-7-04

"imaxes"

sempre temín os bos recordos: cando chega o baleiro e non sabes cómo afrontalo, as imaxes do pasado tornan tan afastadas que temes esmagalas e non recuperalas xamais.
09/07/2004 13:32 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

mércores 7-7-4

"regreso"

al lugar donde has sido feliz, no debieras tratar de volver. Sabina tiña razón
09/07/2004 13:27 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

06/07/2004

martes 6-7-04

"deus sentado no ceo azul"

el era un escritor nas portas da vellez. eu unha adolescente a piques de se facer adulta que quería ser escritora. agasalloume co regalo máis importante que me podía ofrecer: o tempo e as palabras. tíñao idealizado. morreu de súpeto hai poucos anos, de madrugada. lémbrome moitas veces del, mais dun outro xeito: co tempo os grandes deuses de outrora convírtense en persoas de a pé, tan correntes como as túas miserias de cada día.
06/07/2004 19:10 Enlace permanente. Hay 3 comentarios.

05/07/2004

mark ruffalo.jpgluns 5-7-04

mi vida sin mí

hai filmes tan achegados ás nósas vidas que resultan inolvidables. por iso sempre lembrarei esa secuencia da peli da Coixet, na que Lee agarda calado a que Ann esperte naquela lavandeiría. cando saín do cine aquela noite só tiña ganas de pisar a herba mollada pola choiva e berrar por tódalas cousas caladas.

04/07/2004

32412-150x500[1].jpgdomingo 4-7-04

"o amigo que soñaba con ser Steve Mcqueen"

o amigo pasaba as tardes da infancia golpeando contra a parede do cuarto unha pequena pelota, recolléndoa despois. soñaba con ser Steve Mcqueen en A gran evasión. hai veces que me pregunto se é feliz sendo quen é agora. hai días nos que eu tamén me pregunto o mesmo sobre min.

sábado 3-7-04

"lost in translation"

ás veces síntome como a protagonista do filme da Sophia Coppola. vives nun lugar rodeado de xente por todas partes, pero a penas atopas con quen poder comunicarte. hai días deses que pesan, noites mais ben, nos que repaso a miña axenda do teléfono móbil na procura de cuspir palabras. e sei que entre eses douscentos números tan só existen unha ou dúas persoas que saiban escoitar. premo entón unha a unha as teclas e colgo antes do sinal, covarde, por tódalas cousas que non sei dicir.

venres 2-7-04

"a escala do paraíso"

nacín en Vilatriste, un lugar tan agochado que semella non existir. alí nunca pasa nada. ninguén con quen falar. entón, un día, apréndenme o camiño cara un paraíso afastado e segredo, cheo de cores, onde fuxir cando as cousas van mal. dende aquela estudio as súas coordenadas para non esquecelo xamais: cando rescatas un oase no medio e medio do deserto temes perdelo na escala do teu mapa.
04/07/2004 18:38 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

01/07/2004

Basquiat[1].jpgxoves 1-7-04

"basquiat"

jean michael basquiat foi un pintor maldito que escribía frases nas rúas. morreu de sobredose de heroína ós vintesete anos. non foi feliz, porque pensaba demasiado.

mércores 30-6-04

"minúscula"

escribo en minúsculas para nunca esquecer o pouco que son dentro dun mundo tan enorme.

martes 29-6-04

"ciclo gris"

hai días que me levanto sentíndome feliz, completa e, logo, ó chegar a noite, torno indescriptible e tan cinsenta como as cabichas dos meus cigarriños.

luns 28-6-04

"onde está Rick Blane?"

a literatura, o cine e a música teñen a culpa da maioría dos soños frustrados da xente, de todos aqueles que saen á rúa na procura dun Rick Blane que nunca chega.
01/07/2004 19:47 Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

27/06/2004

domingo 27-6-04

"silencio primeiro"

escribo só para quen saiba entender




Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

http://cartafoldesilencios.blogia.com
 
cartafol de silencios
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]