cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
domingo 4-7-04"o amigo que soñaba con ser Steve Mcqueen" o amigo pasaba as tardes da infancia golpeando contra a parede do cuarto unha pequena pelota, recolléndoa despois. soñaba con ser Steve Mcqueen en A gran evasión. hai veces que me pregunto se é feliz sendo quen é agora. hai días nos que eu tamén me pregunto o mesmo sobre min. sábado 3-7-04 "lost in translation" ás veces síntome como a protagonista do filme da Sophia Coppola. vives nun lugar rodeado de xente por todas partes, pero a penas atopas con quen poder comunicarte. hai días deses que pesan, noites mais ben, nos que repaso a miña axenda do teléfono móbil na procura de cuspir palabras. e sei que entre eses douscentos números tan só existen unha ou dúas persoas que saiban escoitar. premo entón unha a unha as teclas e colgo antes do sinal, covarde, por tódalas cousas que non sei dicir. venres 2-7-04 "a escala do paraíso" nacín en Vilatriste, un lugar tan agochado que semella non existir. alí nunca pasa nada. ninguén con quen falar. entón, un día, apréndenme o camiño cara un paraíso afastado e segredo, cheo de cores, onde fuxir cando as cousas van mal. dende aquela estudio as súas coordenadas para non esquecelo xamais: cando rescatas un oase no medio e medio do deserto temes perdelo na escala do teu mapa. 04/07/2004 18:38 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|