cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

venres 23-7-04

"escribindo diálogos de madrugada"

-es feliz? preguntáballe un día John a Shelma.
-ás veces, só ás veces; na maioría das ocasións sinto un estraño desgarro por dentro que me provoca un enorme baleiro.
-acabas de entender o verdadeiro senso da vida: sen dor as cousas positivas non teñen sentido.

Shelma fitouno cun interrogante.

-estamos entón condenados ó fracaso?
-non, equivócaste, estamos condenados a lembrar eternamente os bos momentos.

anoitecía xa, e ó lonxe da praia podían contemplarse gaivotas que voaban dun lugar ó outro. Shelma soterraba a modo os pés na area, coma querendo agochalos.

-sabes? dixo ela. agora mesmo son feliz aquí, contigo.

e apertouno forte para non esquecer.
27/07/2004 19:47

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: paleón

...este post abreume unha ventana ao pasado, cando alguén me facía entender que non era feliz ao meu lado...

Fecha: 27/07/2004 20:06.


gravatar.com
Autor: sara jess

... o pasado é un espello no que non nos recoñecemos...

Fecha: 27/07/2004 20:43.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]