cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
xoves 29-7-04"os homes da miña vida" quédome con Ed Harris en Las horas, esa mirada quente que lle bota a Meryl Street antes de rematar coa súa vida enferma; quedei prendada del nese filme. tamén está o Kevin Spacey de Atando cabos , coa súa máquina de escribir, ideando portadas xornalísticas mentres intenta esquecer o pantasma da súa muller que inda lle ronda a cabeza. nunca lle agradecerei o suficiente a Isabel Coixet que me descubrira a Mark Ruffalo naquela lavandeiría, fitando intesamente a Sarah Polley durmida nun sofá. Ralf Fiennes, en O paciente inglés, ten toda a sensualidade dos que excitan a unha muller bicándoa na clavícula. gústame Paul Beante en Master and Commanders , onde fai o papel dun naturalista intelixente e delicado, con eses ollos pequenos e craros, tocando o violín. Geme Hackman é o último home duro da súa xeración. tamén está a estraña beleza de Takeshi Kitano en Brother, tan frío e fráxil ó mesmo tempo. son os homes perfectos da miña vida, os que nunca fallan, por seren ficcticios. a vida pasa, as cousas mudan, e eles continúan vivos eternamente, encarnados nos personaxes das súas películas. marcando o inicio dos soños, onde a ficción sempre ten cabida. 30/07/2004 17:50 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|