cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
venres, 3-9-04 "madrugada" ruído de coches, de xente que comeza a traballar de madrugada, ignorados por tódolos que dormen agás aqueles que chaman bébedos nas entrañas horas na procura de baleirar pantasmas. e ninguén entenderá nunca os fíos invisibles, as palabras baixo o abrigo das mantas dalguén que escoita, escoita todos eses ruídos intuídos no final da noite. e unha bucina que soa enxordecendo o xusto intre no que se pronuncian palabras que xa non se repiten. alá fóra, as rúas teñen un tinte mollado de recente tormenta. e hai un algo nos adentros que vén e que vai e logo xa non está. pero está. 04/09/2004 21:55 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|