cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
luns 6-9-04 "un texto" "Unha noite. Ela pregúntalle se podería facelo coa man, sen se achegar a ela, polo tanto sen mirar. Pero el di que non pode. Non pode facer nada semellante cunha muller. Non pode chegar a expresar o efecto que lle causa esta pregunta por parte dela. Se aceptara, correría o risco de non volver vela, nunca, e quizais incluso de lle facer dano. Tería que saír da habitación, esquecela. Ela di que é o contrario, que non pode esquecer. Que como nada sucede entre eles, permañece infernal a lembranza do que non sucede". Marguerite Duras; Os ollos azuis, pelo negro. 06/09/2004 21:15 Comentarios » Ir a formulario
Ola..sei que tiña que ter escrito antes neste teu pequeno mundo de silencios.. pero ata o de agora non me atrevín, pero hoxe, ó ver que tan de súpeto pode vir á morte (avó.. onde queira que foras detrás daquela pedra co teu nome grabado.. sabes que non te esquecerei), propúxenme facer esas catro cousas que sempre teño pendentes e nunca dou feito, non vaia a ser que un día a morte chame a miña porta e marche sen facerlle notar a miña xente que os quero. Un saúdo
Fecha: 06/09/2004 23:09. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|