cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
mércores, 3-11-04"cosas que nunca te dije" onte aluguei esta película de Coixet. Ann lembroume un pouco a min, gravando tódolos seus medos diante dunha cámara de vídeo. logo pasei a noite dándolle voltas á historia. as cousas que nunca se din, soen ser as máis importantes, dicía o protagonista. pensei en tódolos silencios calados, e xa non puiden durmir. 03/11/2004 18:13 Comentarios » Ir a formulario
son filmes para ver ás escuras, soa no teu cuarto, para logo poder chorar a gusto sen que ninguén che pregunte qué te pasa, cando o único que pasa é que te sintes triste, e iso provócache unha estraña sensación de que ó fin acabas de entender algo. e non queres compartilo con ninguén máis.
Fecha: 17/11/2004 19:26. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|