cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
mércores, 1-12-04 "a morte de Ulises" e ti que agardabas dende o fondo da túa caverna a chegada de Ulises, agochada baixo o abrigo das sombras e do silencio, coma se só coa protección dos veos a escuridade non te asustara, nin as ausencias do heroe que non está porque nunca existiu. mais os teus ollos quixeron agocharse tanto do mundo do real que xa non ven máis que as ideas do que queres ver. e de nada vale xa andar na procura de ser a mellor tecedora de palabras, porque Ulises quedou cego e non pode ler. de nada vale a busca do brillo nos seus enormes ollos de viaxeiro, porque se volveron opacos de tanto mirar. e ti, coma Penélope, abrigando as túas sombras con palabras, sentes o frío eco da túa voz resoando na inmensidade do abismo nunha espera sen retorno. o grande heroe morreu e te enfrontas soa á realidade, enrarecida polas luces que emerxen fóra do teu acubillo. 01/12/2004 14:15 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|