cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

mércores, 22-12-04

"mudanzas"

esperto. as sabas cheiran a sexo quente. érgome en soños antes de me decatar de que o piso vai deixar de ser o de sempre. mudámonos a outro lugar. hai caixas esparcidas polo chan. os discos nun lado, os libros e as cintas de vídeo noutro. tamén hai unha inmensa colección de obxectos inútiles que algún día gardei porque me traían recordos. hai roupa acumulada en bolsas e unha desorde xeral que ule a tristeza e abandono. acendo a luz do baño e logo fítome no espello. creceume moito o pelo dende que comecei a vivir aquí. deixeino crecer porque a el lle gustaba. pasou o tempo. regreso ó cuarto. fíxome na mancha de humidade que hai nunha esquina da parede. cada vez estase a facer máis grande. quizais sexa mellor así, marchar, mudar de sitio antes de que a mancha me engula e xa non haxa marcha atrás.
.
.
.
.
.
.

"Si supieras
lo que pasa por mi cabeza, me amarías.
Si lo dijera, huirías.
Como lo callo, me ignoras".

do autor Sergi Puertas, tirado do seu libro En el país de los ciegos, el tuerto es el politoxicómano.
22/12/2004 14:04

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Arneiron

Uff, vaise un pouco das mans, hai demasiada poesía. En fin, caseque unha novela. Xa paserei polo teu pub a tomar unha caña.

Fecha: 23/12/2004 13:04.


gravatar.com
Autor: sara jess

Arneiron ben soa a traxedia grega... caseque unha novela, tamén. pásate polo pub cando queiras, xa sabes que alí non abunda a xente coa que poder falar.

Fecha: 24/12/2004 14:24.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]