cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2004. 01/12/2004mércores, 1-12-04 "a morte de Ulises" e ti que agardabas dende o fondo da túa caverna a chegada de Ulises, agochada baixo o abrigo das sombras e do silencio, coma se só coa protección dos veos a escuridade non te asustara, nin as ausencias do heroe que non está porque nunca existiu. mais os teus ollos quixeron agocharse tanto do mundo do real que xa non ven máis que as ideas do que queres ver. e de nada vale xa andar na procura de ser a mellor tecedora de palabras, porque Ulises quedou cego e non pode ler. de nada vale a busca do brillo nos seus enormes ollos de viaxeiro, porque se volveron opacos de tanto mirar. e ti, coma Penélope, abrigando as túas sombras con palabras, sentes o frío eco da túa voz resoando na inmensidade do abismo nunha espera sen retorno. o grande heroe morreu e te enfrontas soa á realidade, enrarecida polas luces que emerxen fóra do teu acubillo. 01/12/2004 14:15 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 02/12/2004xoves, 2-12-04 "homo raris" traballar nun pub as fins de semana para sobrevivir: velaí a historia de calquera estudiante de Compostela. a xente da noite arriba co seu sangue saturado de alcol sobre a barra, cuspindo as mesmas palabras que nunca saben mudar. non hai lugar para as boas conversas. unha noite entrou el, pediu un cacaolat con coñac e preguntou se eu era Sara. agardou calado nun recuncho da barra na procura dunha resposta. logo falou de cousas importantes, ás que eu non podía atender. e marchou. era un "homo raris" perdido no medio e medio da marabunta. 02/12/2004 14:20 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 13/12/2004 luns, 13-12-04"2046"" fun vela onte á noite. actúa Tony Leung. quedei prendada do seu ollar en "Deseando amar", que tamén dirixe o elegante Wong Kar-Wai. é un filme que se recrea en cada imaxe, en cada xesto. unha historia triste de amores imposibles, de trens que conducen ó pasado na procura de recuperar sentimentos que nunca máis han volver. tan só continúan presentes na memoria, por iso mancan. 13/12/2004 21:05 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 14/12/2004 martes, 14-12-04"os seus ollos, outra vez" pero que é o que ten este home, que non fago máis que buscar fotos dos seus ollos na rede? 14/12/2004 19:55 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 22/12/2004mércores, 22-12-04 "mudanzas" esperto. as sabas cheiran a sexo quente. érgome en soños antes de me decatar de que o piso vai deixar de ser o de sempre. mudámonos a outro lugar. hai caixas esparcidas polo chan. os discos nun lado, os libros e as cintas de vídeo noutro. tamén hai unha inmensa colección de obxectos inútiles que algún día gardei porque me traían recordos. hai roupa acumulada en bolsas e unha desorde xeral que ule a tristeza e abandono. acendo a luz do baño e logo fítome no espello. creceume moito o pelo dende que comecei a vivir aquí. deixeino crecer porque a el lle gustaba. pasou o tempo. regreso ó cuarto. fíxome na mancha de humidade que hai nunha esquina da parede. cada vez estase a facer máis grande. quizais sexa mellor así, marchar, mudar de sitio antes de que a mancha me engula e xa non haxa marcha atrás. . . . . . . "Si supieras lo que pasa por mi cabeza, me amarías. Si lo dijera, huirías. Como lo callo, me ignoras". do autor Sergi Puertas, tirado do seu libro En el país de los ciegos, el tuerto es el politoxicómano. 22/12/2004 14:04 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 24/12/2004venres, 24-12-04 "regreso ás Ítacas" hoxe vou durmir na miña Ítaca da infancia, Vilatriste, logo de cinco meses sen a penas ver á familia. a casa que noutrora fora o berce da miña vida convértese, cada vez que regreso, nun lugar alleo e distante, como se tódolos obxectos do vello cuarto pertenceran a un estraño soño que a penas lembro xa. LA CIUDAD "Dices «Iré a otra tierra, hacia otro mar y una ciudad mejor con certeza hallaré. Pues cada esfuerzo mío está aquí condenado, y muere mi corazón lo mismo que mis pensamientos en esta desolada languidez. Donde vuelvo mis ojos sólo veo las oscuras ruinas de mi vida y los muchos años que aquí pasé o destruí». No hallarás otra tierra ni otra mar. La ciudad irá en ti siempre. Volverás a las mismas calles. Y en los mismos suburbios llegará tu vejez; en la misma casa encanecerás. Pues la ciudad siempre es la misma. Otra no busques -no hay-, ni caminos ni barco para ti. La vida que aquí perdiste la has destruido en toda la tierra". Kavafis 24/12/2004 14:35 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|