cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2004. 02/11/2004 martes, 2-11-04"entre as sabas" este podería ser el, entre as sabas dunha cama; ó seu carón ela que durme. el permañece esperto, pensando cousas que eu nunca saberei. 02/11/2004 19:19 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 03/11/2004 mércores, 3-11-04"cosas que nunca te dije" onte aluguei esta película de Coixet. Ann lembroume un pouco a min, gravando tódolos seus medos diante dunha cámara de vídeo. logo pasei a noite dándolle voltas á historia. as cousas que nunca se din, soen ser as máis importantes, dicía o protagonista. pensei en tódolos silencios calados, e xa non puiden durmir. 03/11/2004 18:13 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 05/11/2004venres, 5-11-04 "espello" eu. ante o espello. eu que me toco e me miro e non sei o que vexo. eu que me gusto tanto como podo odiarme na inmensidade do cristal reflectido de alguén que son eu. e non é. eu que imaxino mundos paralelos cando o que vivo é este, e sempre este cando non estou. pero estou. e sempre todo semella ser igual cando me miro e non me atopo ó estender a man e tocar esa figura que son eu. e non é. 05/11/2004 14:38 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 17/11/2004mércores, 17-11-04 "podería ser o inicio de calquera película" ela pregúntase -e así era entón a vida? sabe que lle gustaría que todo saíra sempre ben, mais tamén sabe que o feito de que non sempre se cumpra dalle dobre valor ós intres felices. el contesta -así é a vida, un ir a ningures, un estar movéndote sempre polo mesmo camiño. os momentos felices hai que gardalos na caixa de lata na que viñan as pastas. -son feliz cando falo contigo, responde ela. e el contesta que a felicidade deses momentos é totalmente compartida. -estás ben? engade el. -estar ben tamén é relativo, contesta ela. el semella un sereno colleitador de silencios nocturnos que velara polos seus ánimos. xa non falan máis. 17/11/2004 20:22 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 22/11/2004luns, 22-11-04 "como un corvo que peteira no corazón, cito" el escribe novelas. tamén el. el que fuma despacio observándome cos seus ollos pequenos e claros mentres describe cómo matar o tempo fitando dende a ventá da bufarda a cidade, que semella unha maqueta con coches de xoguete. e el, tamén el, pregúntame antes de marchar "cáles son os teus medos", agardando a miña resposta. como se tirar fóra as miserias fora cousa doada de confesar á primeira, sen dar cabida á mentira. ficciónolle os meus medos entón, e as derrotas, inda sen saber mentir. e penso por qué carallo tiña que vir agora ninguén a tirarme os pantasmas fóra da maldita lata onde viñan as pastas. 22/11/2004 09:00 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 25/11/2004xoves, 25-11-04 "descubertas" e despois está o medo ás descubertas, temendo crer que cheguei ás Indias, cando onde realmente estou é en América. medo a enganarme coa escala do meu mapa e estar a viaxar cara un lugar sen nome por un camiño que non sei se sei trazar. 25/11/2004 21:55 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|