cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2004. 02/09/2004 martes 31-8-04"cartaz" atópome na rede con este cartaz. faime lembrar aquela carta de hai tempo. 02/09/2004 12:16 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. mércores 1-9-04 "a fuxida" setembro. o verán queda atrás. unha mudanza de estación supón tamén unha renovación por dentro. mais son incapaz de esquecer os asuntos pendentes. as palabras silenciadas. dáme a sensación de que murcharon como follas caducas e xa non poderei recuperalas xamais. 02/09/2004 12:25 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. xoves 2-9-04 "cadro" podería fitar eternamente este cadro de Egon Schiele e nunca cansaría. é coma se se eu fora esa muller de cabelos negros e longos, apertando por sempre un corpo, coma se temera que algún día remataraas 02/09/2004 21:21 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 04/09/2004venres, 3-9-04 "madrugada" ruído de coches, de xente que comeza a traballar de madrugada, ignorados por tódolos que dormen agás aqueles que chaman bébedos nas entrañas horas na procura de baleirar pantasmas. e ninguén entenderá nunca os fíos invisibles, as palabras baixo o abrigo das mantas dalguén que escoita, escoita todos eses ruídos intuídos no final da noite. e unha bucina que soa enxordecendo o xusto intre no que se pronuncian palabras que xa non se repiten. alá fóra, as rúas teñen un tinte mollado de recente tormenta. e hai un algo nos adentros que vén e que vai e logo xa non está. pero está. 04/09/2004 21:55 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. sábado 4-9-04 "de vómito e miradas" míroo. mírame. míranos. míroa. mírame. mira. miramos. mira. vomito. 04/09/2004 21:56 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 06/09/2004luns 6-9-04 "un texto" "Unha noite. Ela pregúntalle se podería facelo coa man, sen se achegar a ela, polo tanto sen mirar. Pero el di que non pode. Non pode facer nada semellante cunha muller. Non pode chegar a expresar o efecto que lle causa esta pregunta por parte dela. Se aceptara, correría o risco de non volver vela, nunca, e quizais incluso de lle facer dano. Tería que saír da habitación, esquecela. Ela di que é o contrario, que non pode esquecer. Que como nada sucede entre eles, permañece infernal a lembranza do que non sucede". Marguerite Duras; Os ollos azuis, pelo negro. 06/09/2004 21:15 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 07/09/2004martes, 7-9-04 "cambios" fálame dun posible cambio na súa vida que quizais nos afaste. pregúntame a miña opinión. quero o mellor para ti, respóndolle. pero sabe que sinto medo. 07/09/2004 21:04 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 10/09/2004xoves, 9-9-04 “aferrarse ás cousas” pasei a mañá do mércores falando cun rapaz apaixonado da fotografía que foi reporteiro en Irak. estamos a elaborar un documental sobre África. faloume da súa viaxe por todo o norte africano, do xeito de entender a vida que ten esa xente. dentro dun mes vai comezar unha nova viaxe por Rumanía, Malí e Colombia. ás veces pregúntome qué fago ancorada tanto tempo aquí, en Galiza. e penso que quizais debería probar a marchar, agora que son nova. pero, logo de pensalo, éntrame tanto medo á soidade dos lugares descoñecidos, que desisto na idea. sinto que me aferro demasiado ás cousas, ás persoas. e non sei se iso é bo. 10/09/2004 16:02 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. venres, 10-9-04 “a muller sen nome” ela fumaba bébeda de xenebra e soa un Ducados atrás doutro mentres fitaba un punto inexacto da ventá. eu observábaa atrás da barra, pensando cál podería ser a orixe das súas derrotas. ela agarrábase a fronte e sorría triste de cando en vez, antes de calcinar definitivamente unha nova cabicha dos seus cigarriños. logo marchou. eu nunca saberei o seu nome. 10/09/2004 16:04 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 13/09/2004 luns, 13-9-04"modificando aberracións" pendurei, nun comezo, no blog de hoxe unha foto que amosaba o decadente estado físico de Don Manuel, logo dunha madrugada que pasei diante da telegaita colmando o insomnio con envelenadas doses de mitin peperiano. logo, a fealdade desa foto pareceume tan obscena que decidín pendurar mellor unha fotografía de Robert Mapplethorpe, onde fai gala da súa concepción do espacio e a xeometría nos corpos espidos. toda unha mellora visual. 13/09/2004 19:43 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|