cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
mércores, 5-1-05 "soa en Compostela" esta merda de traballo, para poder continuar coa carreira e a miña vida construída ós poucos en Compostela. mátame ás veces. desexaría romper as botellas contra as paredes e vomitar por riba de tódolos clientes que veñen ó pub. ninguén interesante con quen falar. e esta noite, soa en Compostela. os Reis Magos seica non o eran tanto. e a mesma xente de sempre virá ó local para falarme das mesmas cousas de sempre. e aborrecereinos inda máis, coma sempre, antes de marchar camiñando ó novo piso, cos novos compañeiros. chegar ás seis, ducharme, cear algo diante da televisión. deitarme cando xa é día. durmir ata tarde. e mañá, falar cos de casa por teléfono, supoño. escribir algo ou ir ó cine para chorar agochada nunha das butacas. e o amigo que me di "dende a túa brillante madurez, xa sabes ben que a felicidade non existe: tan só os bos momentos". e eu sei que ten razón. 05/01/2005 18:01 Comentarios » Ir a formulario
Estou totalmente de acordo co teu amigo: disfruta o momento e non agardes por ese estado utópico de felicidade absoluta que nunca chega nin chegará.
Fecha: 14/01/2005 10:02.
mi ma ....iso si que é unha putada e non o de iraque e non o de africa e non o dos sen teito.....unha a perta amiga e vota pra diante
Fecha: 08/05/2007 01:34. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|