cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
sábado, 12-2-05 "sonata en la menor" de qué me vale o talento, a beleza os días que só sei quererme. el dime que debo ser máis dura, máis forte que todo o que me rodea. mais non o podo evitar. agardo ese intre no que nos atopemos, ti e mais eu, espreitando nas rúas que se torcen e conectan con outras, voltando a vista atrás cando se escoitan pegadas, erguendo a cabeza entre o ruido da música as noites que saio na túa procura, felicidade cabrona, e non estás. non estás. faltaches á nósa cita, coma sempre dende hai demasiado tempo. de qué me vale a cordura, de qué as palabras, de qué os meus ollos grandes pintados de negro, se remato as noites enfrontándome ós espellos de baños escuros, preguntándome onde estou realmente. que non, que a vida tiña que ser outra cousa, que te boto en falta cando non estás para suxeitarme forte da man. o mundo sen ti é unha enorme escultura grega sen alma por dentro. pero a felicidade non escoita. asoma o seu rostro un intre escaso desvelando os segredos de Pandora, facéndome crer que esta vez regresou para quedar. e entón chega ese momento dramático do pathos no que desaparece, e nin a súa sombra é quen de mudar o baleiro que deixa o rastro do seu recordo. 12/02/2005 19:48 Comentarios » Ir a formulario
unha vez dixéronme que ela era así: maravillosamente fuxidía, escasa, prostituta.
Fecha: 13/02/2005 14:27.
Teño medos e son exclavo. Son covarde e teño un andazo dentro, que chaman gripe mais eu sei que é cousa pior.
Hai un brión nesta cadeira, e humidade que fire nos osos. Embebédome en bares tan tristes que te apaña a resaca antes da primeira copa; no intre de pagar só consigo vomitar. Hai outros mundos, e todos están moi lonxe. Daquela, berrarei fondo unha mañá antes de me erguer e fuxirei entre as brétemas. Estarei ou non, mais serei, sempre, o son das pegadas que te acompañan pola noite. Fecha: 14/02/2005 20:06. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|