cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
xoves, 17-2-05 "o outro curriculum" e redactas o teu curriculum nun papel, ordenando os escasos éxitos profesionais da túa vida en datas, números, reseñas, cursos, conferencias e demais cuestións aburridas. e pensas nas moreas e moreas de cousas importantes que de verdade che gustaría dar a coñecer a todos eses homes grises que visten de garavata. -chámome Sara. Sara Jess. -escribo. -sei ler nos ollos da xente. -un día vin cómo saía das súa crisálida unha bolboreta. -ás veces non sei sorrir. -bebo wiski cando saio e sinto que a xente non sabe escoitar. -gústanme as historias de Paul Auster. -un día regaláronme III poemas nunha estación de trens. -de cativa soñaba con poder acariñar un elefante. -cústame moito durmir sen ter a radio acesa. -a soidade faime dano. cousas demaisado importantes como para que alguén as almacene enriba do escritorio dun despacho, antes de pronunciar a consabida frase de "xa te chamaremos". nunca han saber. 17/02/2005 22:16 Comentarios » Ir a formulario
no, no fuiste dura conmigo, solo que decidi esperar a que algun dia descubrieras que, todavia hay amistad. cierra los ojos y sumerget en la humedad de la tarde, en algun lugar, en la naturaleza, vapor de agua sobre los cristales, respiracion profunda...
Fecha: 18/02/2005 16:49.
algunhas veces nin todos son homes grises. tamén che hai mulleres, grises e, con sorte, algunha vermella. :)
gosto de como escribes. Fecha: 22/02/2005 11:50.
gracias, +perto, por descubirte coas túas palabras. tamén gosto da túa páxina.
Fecha: 24/02/2005 22:36. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|