cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
xoves, 24-2-05 "ideando vidas" pedíronme hai poucos días desenvolver un proxecto de guión para antes deste luns. idear unha historia, con personaxes, presentación, nó e desenlace. así que levo varios días durmindo mal, dándolle voltas a unha historia sobre un personaxe solitario e triste que decide mudar por completo a súa vida coa esperanza de que todo mude a mellor. céntrome nos personaxes, (acendo un cigarro), imaxino as súas caras, (fito pola ventá), penso nas súas teimas, (as paisaxes a través do espello retrovisor). e, de súpeto, están aí, falándome ó oído. achéganse ó carón da miña cama para pedirme que lles siga dando vida, que non me durma, que precisan saír do ventre dunha vez por todas. insomnio. penso nos malditos prazos, que rematan o luns. non, que non sei se vou poder coa historia. érgome, acendo a luceciña do flexo antes de fitar de novo pola ventá. entón é cando decido que o guión terá unha resolución decadente: nunca me gustaron os finais felices das películas norteamericanas. 24/02/2005 21:28 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|