cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
sábado, 26-3-05 "ausencias" agora que o nóso rematou, non hai nada máis triste para min que un supermercado. habituar as miñas rutinas á túa ausencia, a pesar de que precisamente foi a rutina o que che dixen que me mancaba, e xa non podía máis con ela. agora, civilizados, coma dous adultos que quizais aprendimos xuntos a ser, procuramos non darlle máis importancia á ruptura que a dunha mudanza necesaria dende xa había tempo. e eu pregúntome, dende os silencios obrigados destes últimos tempos entre nós, se algún día lograrás entenderme. 27/03/2005 00:44 Comentarios » Ir a formulario
é dificil entender como dúas persoas que se queren non poidan estar xuntas.
non sei a maneira que ti tes agora de querelo. él seguro que te quere como antes ou cecáis máis. sen embargo, como ben dis, as situacións que compartístedes, e que agora tocará vivir coa "compaña" desa ausencia, son as que fan que a separación se faga máis difícil. hai que velo coma un cambio e os cambios, coma o mellor remedio contra esa enfermidade chamada rutina. estou seguro qt qr mt. sempre ... principiño... PD: si que son tristes os supermercados Fecha: 28/03/2005 19:25.
... estou seguro de que el te entende.
¿ti o entendes a él? Fecha: 28/03/2005 19:30.
porque o entendo, sei que era precisa esta mudanza.
porque entendo sigo aquí, de xeito distinto. pero aquí sempre. porque entendo sei que non é doado entender ás veces. Fecha: 28/03/2005 20:53. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|