cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
xoves, 7-4-05"unha muller de Hopper" a grieta do teito divide o cuarto en dúas metades compensadas. xusto no centro das mesmas a lámpada de araña distribúe as sombras dos seus brazos en distintas direccións que se reflicten nas paredes. en completo silencio escóitase a respiración dalguén que durme, e as bucinas dos coches dunha cidade que hai tempo que acordou. ela permañece absorta contemplando a grieta, pensando neses dous hemisferios trazados, coma unha metáfora do real e o irreal. e o mundo das sombras veña a debuxar ideas dun sono escaso dende hai varias semanas. érguese. así espida por completo, cos pes escalzos acariñando o chan, semella que o día vai ser frío. os estores deixan entrever tenues luzadas, o suficiente como para contemplar o seu corpo enteiro fronte o espello. de novo aparecen esas dúas metades que a dividen en dous mundos paralelos que nunca chegan a tocarse. debería asustarlle, pero hoxe quere crer que non. estende a man cara o cristal que lle devolve unha outra man, ficticia, facendo que por un intre esas dúas persoas que bailan dentro dela se comuniquen con timidez. escoita os ruídos dos muelles da cama do piso de arriba, con xadeos silenciados. volve deitarse. a mañá convertiuse en tardía xa. pero continúa entre as sabas, un par de horas máis, ou tan só uns minutos, non sabe. en completo silencio alí, coma se o tempo presente fora demasiado escaso, antes de que a realidade do día inunde a casa de saúdos matutinos, cuartos aireados e despedidas. 07/04/2005 13:25 Comentarios » Ir a formulario
son as "vértebras da memoria", miña estimada Aquí, habituando os tempos novos coas recordos do que un día fun.
Fecha: 10/04/2005 21:29. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|