cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
mércores, 13-4-05 "cacería na fraga" nunha fraga escura moreas de ollos cheos de xenreira vixían a fauna que ousa cantar á luz da lúa, temerosos de que a fraga algún día apareza asulagada de flores de colores. faltos de imaxinación, eses ollos opacos limítanse a protexerse coa única linguaxe que entenden. distribúen entón estratexicamente as súas armas covardes nos arredores da fraga, como nunha cacería. pero os animais ceibes que corren na procura dunha nova luz, saltan o valado e ouvean, cansos xa de tanta vexetación velenosa, fría, gris. xusto aí, no final dun camiño que pode supoñer o comezo, intúese unha nova e tenue luzada a piques de xermolar nos límites do abismo. 13/04/2005 16:38 Comentarios » Ir a formulario
Eu espero que si, que collamos aire dunha vez. Do contrario montarei a piscina noutro sitio.
Fecha: 14/04/2005 18:21.
o máis doado sería montala noutro sitio, si. o xusto é seguir procurando nadadores en terra propia: marchar sería o mellor regalo para eles. non hai que darlles o gusto, meu.
Fecha: 15/04/2005 17:50. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|