cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
venres, 29-4-05"aínda soñas con piratas, Sara?" a soidade ten dentes de vidro afiado, escribícheslle un día. quizais por iso vos entendedes, meu querido Silesio, inda sen saber o un do outro. inda sen saber o un do outro quizais por iso vos entendedes. ela escríbeche cartas que nunca chegan. e sabe que é mellor así, porque para falar de silencios non se precisan palabras. non se precisan palabras para ler nos ollos da xente. porque sabes, igual ca ela, que se o mundo calara máis veces outros mares sulcarían. dende a súa nave, varada de catro a catro, envíache un fío invisible ancorado na escala do seu mapa. para que esteas. sempre. e nunca deixar de soñar con piratas, compañeiro. 29/04/2005 17:31 Comentarios » Ir a formulario
hola:
iste é un comentario prematuro tanto que ainda é embrión. cheguei aquí guiado por o texto do que creo que ven iste que acabo de ler, e coido que vou a empezar polo principio, por abaixo, a ver se asi este comentario pode chegar a ser cativo. bicos e apertas Fecha: 29/04/2005 17:40.
pois adiante, meu. xando sexa cativo dime o nome que lle vas poñer, e lle organizamos un bautizo.
sara Fecha: 29/04/2005 22:20. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|