cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

032631_25.jpgvenres, 3-5-05

"historia breve dun asasinato"

este podería ser o inicio de calquera guión cinematográfico onde non sería necesario máis que un personaxe que non precisa nome. mira pola fiestra. fóra un sol intenso que anuncia a chegada do verán persiste na súa presencia dende hai varios días. o ceo está despexado. ten o ollar serio, perdido nun punto impreciso da paisaxe. vai unha calor sufocante. a aparente tranquilidade do silencio agocha un malestar intenso. o personaxe calado, co son do tic tac do reloxo a encher toda a sala do cuarto marcando un ritmo monónoto e tenaz, planea un asasinato.

este podería ser o final de calquera guión cinematográfico. non precisamos saber máis. o tic tac do reloxo continúa a soar.
03/06/2005 20:22

Comentarios » Ir a formulario


Autor: kroywen

o inicio recórda á "ventá indiscreta".
quédate co final.

Fecha: 08/06/2005 18:19.



Autor: kroywen

poderías resolvelo como en "sospeitosos habituais"

Fecha: 08/06/2005 18:21.


gravatar.com
Autor: sara

o bo deste final aberto é que cada cal poida imaxinalo ó seu xeito, coma ti acabas de facer. paréceme marabilloso.

Fecha: 10/06/2005 14:48.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]