cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
venres, 10-6-05 "o Gato" a miña compañeira de piso apareceu cun gato entre os brazos de madrugada. non o quero aquí, díxenlle, xa sabes que cos gatos non me entendo. o felino fitábame cos seus enormes ollos azuis dende a ventá da cociña, pedindo entrar. pola mañá continuaba no xardín, resgardándose do sol entre as herbas. seguía mirándome fixamente. non podes estar aquí, díxenlle, os do teu clube e mais eu non nos levamos ben. ó regresar á noitiña xa non estaba. e pensei que, quizais, os gatos son moito máis honestos do que imaxinaba. quen sexa gato enténdeme... 10/06/2005 15:59 Comentarios » Ir a formulario
Poña un gato na súa vida, Sara Jess, colóqueo sobre o seu peito en modo ronroneo, abra un libro e gozará mellor dos silencios que tanto lle gustan. Penso coma o gran Jaume Perich: a diferenza dun can, un gato nunca poderá facerse policía.
Saúde. Fecha: 10/06/2005 17:34.
bonita cita a de Perich, pero seguirei sen ter gato...
cóidese vostede, nadador. Fecha: 10/06/2005 18:38.
Lo primero que me vino a la cabeza al leer el texto, fue la cita “El gato no nos acaricia, se acaricia contra nosotros” y el poema “el gato” ambos de Baudelaire en Les Fleurs du Mal.
Aunque… … por lo que yo se, un “gato”no solo suele ser honesto, sino digno. Fecha: 13/06/2005 20:23. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|