cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
martes, 14-6-05 "letanía pra nos librar dos que a ninguén aman" os que a ninguén aman non aman, fornican, e os seus xudres poden chamizar os campos apestar os pozos. os que a ninguén aman podres peidifican polas chamineas das súas grandes fábricas gran fedor e noxo. os que a ninguén aman traen moita química con babas brancuxas que dan morte negra por ríos avoltos. os que a ninguén aman ouros deifican e cóidanse deuses nos bancos absurdos entre papeloiros. os que a ninguén aman fan autopistas pra que circulemos máis raudos ó absurdo cada vez máis tolos. os que a ninguén aman son os que urbanizan e nos engaiolan en tristes cementos como tristes monos. son os que trafican con cañóns e artes de espallar mal fogo e andan esfachando os volcáns máis puros da ilusión e o soño. son os que nos guían e non teñen ollos. dos que a ninguén aman librémonos pronto librémonos pronto(..) (continuará...) de Se o noso amor e os peixes Sar arriba andasen, Bernardino Graña. 14/06/2005 13:30 Comentarios » Ir a formulario
hai tempo que as formigan inquedan e incomodan ós que a ninguén aman
Fecha: 16/06/2005 21:21.
agardo que este domingo os que a ninguén aman deixen a ventá aberta para todos aqueles que precisamos aire limpo para respirar.
Fecha: 17/06/2005 08:15.
toda creación lleva su tiempo, el primer día los de aquí el quinto los de allá y el séptimo... antesala del octavo. El octavo qui lo sa. Educación, sociedad civil educación, para evitar el advenimiento de nuevos ditadores que solo nos permitan... La plegaria.
Fecha: 26/06/2005 13:35. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|