cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

mércores, 29-6-05

"de cambios e mudanzas"

cambiar de piso, outra vez. a miña vida embalada en caixas e bolsas. molestar ós amigos este mes ata atopar un oco onde instalarme, desta vez por máis tempo.

o Ditador tamén anda cos mesmos trafegos. onte vino chorar en público, diante das cámaras de televisión:
bágoas impertinentes dun cambio que tardou en chegar.

o Ditador non chorou o día da maré negra.

eu non choro por deixar a miña bufarda nin o xardín que era un proxecto futuro de tomateiras e herba luísa fresca.

teño a ilusión de quen inventa novos soños dos camiños que faltan por andar.
29/06/2005 12:08

Comentarios » Ir a formulario


Autor: LANCELOT

...cando o ánimo cae, abro este cartafol, que revitaliza, e debuxa sorrisos varios. cambiar de piso, outra vez (perdín a conta das veces que o dixen estas semanas).... e de onde sacarán as caixas de cartón eses centos de altos cargos que fuxen??

Fecha: 29/06/2005 23:31.



Autor: caixeiro autonómico

son caixas fortes,lanselot
non teñas medo que rachen
son de coiro de cacique.

Fecha: 30/06/2005 04:42.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]