cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
venres, 1-7-05 "incomunicación" dime que falo moi baixo, demasiado baixo ás veces. xa mo sinalou moita xente. tamén puntualiza que cando bebo o volume entón atordoa. sei que serea calo moitas cousas, e que bébeda falo de máis. non me gusta ningunha das dúas opcións. a miña educación naceu no ventre da incomunicación. ninguén ten a culpa. supoño que os pais non nacen aprendidos. supoño que os fillos tampouco. como resultado de tantas veces que calei agora escribo. non sempre me gusta nin me fai sentir ben. pero si que me axuda a estar mellor. a entender tódalas veces que falo pouco ou tanto que non me chega a voz para aproveitar todo ese tempo do que non lembro o eco das palabras cando quería expresarme e non sabía cómo. velaí xermola entón a orixe dos meus silencios. 01/07/2005 21:07 Comentarios » Ir a formulario
curei o fin do domingo con 'el ultimo valle' (peliculón) e lembreime do CARTAFOL cando o desencantado capitán soltou aquela frase: "todos temos algo que esquecer"
Fecha: 04/07/2005 01:07.
"Se me había olvidado algo
que había sucedido. Algo de lo que yo me arrepentía o, tal vez, me jactaba. Algo que debió ser de otra manera. Algo que era importante porque pertenecía a mi vida: era mi vida". é de José Hierro, do Libro de las Alucinaciones. saúde Fecha: 04/07/2005 03:50.
Estas que te saes ultimamente, non sei se é o cambio de estación ou o cambio de goberno :)
Fecha: 05/07/2005 12:57.
a túa escrita ten ás veces esa beleza triste das flores recén collidas, a languidez dos xarróns de cristal que se colocan enriba de vitrinas moi altas, sempre a piques de caer, sempre esperando a que alguén os salve.
gústame porque nunca é eco. sempre é voz. ou silencio. (e sen embargo, eu recordo perfectamente todo o que non sucedeu, como naquel poema de Peri Rossi: "No podía dejar de amarla porque el olvido no existe/ y la memoria es modificación, de manera que sin querer/ amaba las distintas formas bajo las cuales ella aparecía en sucesivas transformaciones y tenía nostalgia de todos los lugares/ en los cuales jamás habíamos estado, y la deseaba en los parques/ donde nunca la deseé y moría de reminiscencias por las cosas/ que ya no conoceríamos y eran tan violentas e inolvidables/ como las pocas cosas que habíamos conocido.") un bico, amiga Fecha: 05/07/2005 17:22.
Peri Rossi, cara amiga, tráeme moitos recordos tamén. os catro libros que me regalaron e que leo só de cando en vez, cando lembro cousas.
bonita a tua frase do xarrón, das flores. outra vez Hierro: "cómo puede ser bella flor que tiene recuerdos" un biquiño. sempre aqui. Fecha: 05/07/2005 18:51. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|