cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

domingo, 10-7-05

"de hipocresía e prostitución"

ela exerce o traballo máis antigo que existe. traballa pola súa conta. bela, quizais envellecida antes de tempo, con "v". nunca viste nada que lle chegue máis abaixo dos xeonllos. e triste. tamén é triste vela, inda que sempre sorrí.
crea comentarios malévolos da xente alá por onde pasa, sobre todo das mulleres, quizais porque os homes se fixan nela.
a súa fermosura vese tapada polos afeites que a fan parecer artificial, coma unha Barbie plastificada lista para ser mercada.
sei que é nai.
baila ó ritmo da música de xeito monótono, coma un pato, movendo os brazos de xeito estraño.
altiva ás veces cando se achega a pedir unha copa, coma se eu tamén a xulgara. coma se eu tamén.
só podería botarlle en cara que non fora feliz.
polo demais, o resto son envexas falseadas de tintes retrógrados.
sexo con quen ela queira. cartos a cambio. a erótica do poder.
inda que ningunha muller de ben o recoñecerá nunca,
quizais ese sexa o soño erótico de moitas.
10/07/2005 08:25

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Kamikaze

Como dixo o outro, putas somos tod@s. Por certo, estou en plena recuperación de axenda telefónica. Súmese vostede vía sms ou remítame correo ad hoc, se así o considerase, para devolución de antoloxía poética e consumo man a man de destilados.
Saúde.
Bicos

Fecha: 10/07/2005 20:29.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]