cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

venres, 15-7-05

"nómada"

en constante movemento e cambio. a pesar do estancamento. esta son eu ultimamente.
sen casa propia, movéndome hoxe catro días fóra para traballar nalgo que intelectualmente non me aporta nada. e está ben ir ó cine, ver teatro por aí, ler un bo libro e saber das últimas novidades culturais, pero ti non fixeches nada, non participaches en nigunha delas. e é coma se o reloxo vital turrara de ti de xeito constante.

tic-tac tic-tac tic-tac tic-tac

e, ante a pregunta de onte, cómo vai a tua vida?, qué responder.
nómada.
son unha nómada sen dereito a territorio que busca o seu oco no salvaxe oeste.
15/07/2005 13:19

Comentarios » Ir a formulario


Autor: xabiRibax

Os Raji son unha das últimas etnias de Nepal que todavía viven polas bouzas do Tarai ao xeito nómada. Os Raji viven da colleita do mel, e viaxan ao longo dos meses en grupos seguindo ás abellas mentres estas migran polas Terras Baixas cando florecen as plantas. Os Raji recollen mel que logo trocan na vila por artigos de primeira necesidade. Os Raji gabean polas árbores sen protección, agás un turbante, unha camisola e uns pantalóns; na faciana uns retallos de rede de pesca. Nas mans e nos pés non levan protección. O acadaren o enxame, as mulleres prenden lume para que a columna de fume acougue ás abellas. Estas abellas instálanse nas árbores do capoc e sobrancean pola súa ferocidade, daquela para evitar as picadas os Raji cortan a póla da árbore onde esta o niño. Outras veces descolgan o panal cun gancho e para as cargas máis pesadas utilizan uns cestos. Nos panais hai varios productos aproveitables que son: o mel, as larvas, a cera e o polen.

En días coma hoxe gostaría ser nómada atrás, sempre atrás, de alguén con sabor mel.

Fecha: 15/07/2005 19:04.



Autor: alberte

como en Río Bravo ;-)

Fecha: 16/07/2005 14:09.


gravatar.com
Autor: sara

Xabi Ribax semella ser nómada sen sabelo. inventa soños onde tódolos mundos son posibles. só espero que algún día se decate do grande valor das súas viaxes imaxinarias. para que as tome en serio, e voe, sen medo ó que poida agardar fóra.

Fecha: 18/07/2005 20:34.



Autor: victor

Creo que cuanto más movimiento, menos acción creativa, menos tiempo para beber en las fuentes, más homogeneización, esta vida nos lleva a todos a demasiada velocidad, hay que procurar encontrar el tiempo y el espacio de “Pasmar”, de “Abraiarse”, buscar los recursos que nos permitan ser nosotros mismos, el único territorio a conquistar.

Fecha: 02/08/2005 12:27.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.