cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
xoves, 28-7-05"Ítaca" desaparecida entre a choiva da cidade renazo entre as cinzas da civilización. días. días e mais días, con tódalas súas noites soitarias cando volves a Ítaca mais Ítaca non regresa porque xa non é a mesma, xa non a Ítaca soñada de herba, cando te tumbabas no xardín hai anos, tantos que os maldices por quedaren atrás. cando te tumbabas, dixen, e sentías a herba entre as mans, e o ceo, a calor do sol contra o pel, e o mundo a penas era máis que iso. lembro a frescura da herba, si, e os días felices, felices porque máis alá do horizonte de nubes non existía máis. non existía máis. non existía nada máis. Ítaca soñada, fraude contemporáneo de min mesma porque xa non, xa non volverei a ser aquela. porque a herba é agora perecedeira, e tras do sol sei, agora sei, unha chuvieira esmagará a calor para esmagalo todo con fracasos pequenos coma punzadas de moscas nas tardes do verán. e, de pé, nos autobuses urbanos, sinto o cheiro forte do perfume con gotas de suor dunha señora vella que perdeu a fermosura hai tanto que xa non lembra. e os edificios tristes soñan con tocar o ceo alá fora, onde a xente é toda igual, coma exércitos de formigas escavando longos tuneis cara o inferno das entrañas, antes de maldicírense por non, por non sentir a herba. xa non. Ítaca maldita. e maldita Penélope. reclamo o meu dereito a que ninguén me agarde na arribada. reclamo o dereito a estar soa. eu ía prolongando a viaxe de volta cara a Ítaca afastada á que non quería regresar. lembro a frescura da pedra nas rúas e a noite na que borracha maldicín todo o que amei berrando que quería ser eu, quería ser eu. mais a realidade rematou inundando o meu canto nas portas do mencer. non, non sempre agardas o regreso. porque tamén o camiño pedregoso axuda a entender que a viaxe é a escusa para a búsqueda. Ítaca non é máis que a arribada. maldita. maldígote a ti, lingua, a ti, imaxinación, maldigo o desexo e a melancolía daqueles anos de nena. porque eu non, xa nunca serei a mesma. 28/07/2005 13:15 Comentarios » Ir a formulario
por moito que un viaxe, por moito que un chegue, nunca acaba de reencontrase na Ítaca
Fecha: 28/07/2005 23:55. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|