cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

casablanca.jpgvenres, 5-8-05

"ela, eu e o cruce de miradas"

ela odioume hai tempo, porque se sentía coma unha actriz secundaria onde Humphry Bogart só quería a Lauren Bacall, que se supuña que era eu.

atopámonos nun bar, de madrugada, logo de moito tempo.

ola, dixen. ola, dixo. cómo vai, preguntou. xa ves, por aquí, e ti? contesta. borrachiña case, dígolle. iso está ben, dime ela. que pases boa noite. chao.

custounos falar. pero ó final foi. nunca fun capaz de odiala quizais porque me parece unha muller intelixente. e, quizais porque só me dá medo a intelixencia cando os celos tiran de min, nunca me sentín ben ó seu carón.

sen embargo, onte, déronme ganas de sentar onda ela e dicirlle, moi baixo, "creo que este é o comezo dunha grande amizade".

pero, era inevitable: as nosas miradas non se volveron cruzar en toda a noite. e, cando me xirei, ela desaparecera, tal pantasma.
05/08/2005 11:24

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: sadcafe

Nos cafés tristes os odios facilmente se convirten en nostalxias e é posible estar máis preto dos que feriches ou dos que che feriron. Sinto amor polos amores truncados ou os que non puideron ser. Véxome a min mesmo collendo da man á que non saudei, ó que me virou a mirada, á que me fixo cambiar de beirarrúa. O corpo ábreseme, como o abrazo triste dun animal velenoso.

Fecha: 05/08/2005 13:53.


gravatar.com
Autor: sara

fermoso, Sadcafe.
así me sentín eu onte.
beijo

Fecha: 05/08/2005 15:38.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.