cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
martes, 9-8-05"destino" semana marcada polas burlas do destino. qué pasaría se ó final o xoves tivera ido a Cambados coa miña amiga arxentina? rexeitei a idea, e ela enfadouse botándome en cara o pouco tempo que lle adico. entón, o sábado, recibo unha mensaxe dela na que me conta, destrozada, que unha das persoas que me quería presentar acababa de morrer. non souben qué responder. así que hoxe envieille unha mensaxe, contrariada, coa promesa de vela e falar con tranquilidade mañá. qué tería pasado se eu tivera ido ata alí? non o sei, pero a simple idea de que quizais todo sería distinto a día de hoxe causoume calafríos. eu, que non sei se creo en Deus, ultimamente sinto con máis forza ca nunca coma se unha enerxía estraña flotara no ambiente e provocara cambios ó meu redor. burla número duas. en xaneiro o meu colega de Vilatriste comportouse dun xeito que me fixo moito dano. sentín coma se non tomaran en serio a miña intelixencia. iso provocou unha dura discusión que nos levou a estar separados durante moitos meses. falei disto con alguén hai pouco máis dunha semana. e, xusto agora, hai un intre, soou o teléfono e era el. isto lévame a pensar non só na importancia dos actos das persoas, senón tamén da enerxía que transmmiten. se non tivera falado do meu colega hai unha semana, teríame chamado? a sensación que estas casualidades me provocan é unha mestura entre o medo e a completa fascinación. quizais os relatos de Paul Auster en "Creía que mi padre era Dios" sexan máis reais do que eu imaxinaba. quizais o destino sexa algo máis que unha consecuencia dos nósos actos."" 09/08/2005 14:07 Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|