cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

domingo, 21-8-05

"despedida"

mudanzas, espero que de forma definitiva durante alomenos un ano. un apartamento xeitoso para min soa no mesmo centro da zona vella. o meu pequeno paraíso particular. levo varios días imaxinando a nova decoración.

cambios.

vai rematando agosto, e o verán semella esgotarse xa. refrescan as noites. e eu sigo aquí. para marchar. deixo este blog. instálome nun novo sitio que non vou dicir, porque creo firmemente que o destino acaba unindo ás persoas. deixo este lugar para mudar de todo e respirar novos aires.

voume coa ledicia de poder ter contado todo aquilo que se me pasaba pola cabeza.

non hai mellor terapia que a escrita.

non hai maior felicidade que a das despedidas doces na espera dun reencontro.

son as dez e cuarto da noite. vai frío. vou poñer unha chaqueta. estou aquí soa e esbozo un sorriso.
21/08/2005 14:45

Comentarios » Ir a formulario


Autor: aqui

espero dar contigo outravolta, sara jess. espero saber ver as migas de pan que deixarás no camiño.
(e aínda agardo a te atopar nesta cidade, quizais nos últimos días de agosto, quizais cando o outono nos volva a resgardar.)
un bico.

Fecha: 21/08/2005 20:38.


gravatar.com
Autor: sara

sei que o destino acabará facendo que nos coñezamos.

algún día.

beijo.

Fecha: 22/08/2005 11:44.


gravatar.com
Autor: sadcafé

Sabes que sensación che queda cando escoitas unha canción na radio que che atrapa e che gusta, pero está xa avanzada, e esperas ata o final para que a locutora che diga o título e o nome da autora, pero ó final perdes estes datos. Sabes como é? Pois así me deixas, coa sensación de ter chegado tarde á túa cita, á túa mesa cun pitillo no cinseiro aínda fumeante. Moita sorte, vaias a onde vaias. Un bico.

Fecha: 22/08/2005 17:53.



Autor: lancelot

... un mundo de bicos

Fecha: 28/08/2005 12:51.



Autor: (...)

dende o silencio, eu namorei de ti, ós poucos. agora desapareces sen deixar rastro, como os máis grandes amores da vida.

Fecha: 12/09/2005 16:24.


gravatar.com
Autor: Cesare

Bueno... agora teremos que vir máis veces por aquí...

Fecha: 16/09/2005 13:47.



Autor: Capitam do barco

Sempre é um prazer navegar por internet e atopar um blog ou umha página escrita no nosso idioma. Umha aperta!!

Fecha: 21/09/2005 17:49.


gravatar.com
Autor: sofia

40 días con 4o noites ( un simbolo de penitencia, unha coresma) desde que decidiches djarnos sen a túa presenza e aínda agora me asomo á túa bitacora coa esperanza de que que se cadra escribiches algo. Como cando en Madrid unha, que é de porto de mar se asoma ás "vistillas", xusto ao lado do pazo real e espera ver a mar, pero porén ao achegarse, se encontra cunha superficie de terra que se perde no horizonte. Se que non vas continuar a túa bitacora, pero seguire asomandome.

Fecha: 29/09/2005 21:20.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]