cartafol de silencios

"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas.

luns, 3-10-05

"mundos imposibles"

un cronopio sube a unha montaña de area á que chegou algún fama. o fama sentía demasiado encostada a duna, así que construiu unha escaleira de formigón para chegar á súa cima. o cronopio non entende esa forma de ser, porque lle gusta que a area lle entre nos zapatos e entre a trama enfiada dos calcetíns. ó chegar ó final da duna, deceas de outros famas contemplan a paisaxe e tiran fotos para lle ensinar ós amigos. fotos da viaxe para pendurar no seu salón e que todos saiban que estiveron alí. o cronopio non trouxo cámara, porque ten medo de pensar o momento presente coma un futuro recordo. e tírase da duna á baixo, esvarando por ela, berrando feliz mentres a area incluso chega a adentrarse por dentro dos pantalóns, ata invadir o seu sexo. os famas observan calados, dende arriba, e siguen a tirar fotos con ollos melancólicos do cronopio que non teme vivir.

para o cronopio que me envía fotos de mundos imposibles. inspirado de "Historias de Cronopios y Famas", de Julio Cortázar.
03/10/2005 17:10

Comentarios » Ir a formulario


Autor: sadcafe

Gústame facerche partífice destes mundos, para que os mellores. Que ben, ter subido a unha duna de area de cen metros de alto para poñer de novo en activo este cartafol de silencios. O esforzo pagou a pena.

Fecha: 03/10/2005 20:26.


gravatar.com
Autor: sara jess

gústame pensar que baixo os cen metros de duna se agochan cen segredos soterrados que pouco a pouco o vento vai tirando cara a superficie...

Fecha: 03/10/2005 20:31.


Añadir un comentario




No será mostrado.








Archivos

Enlaces

a vida en fotogramas

palabras e palabras

 

 
| cartafol de silencios
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]