cartafol de silencios"Tira mis sueños a la calle, y la lluvia los hará crecer". Sergi Puertas. |
![]() |
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2005. 07/04/2005 xoves, 7-4-05"unha muller de Hopper" a grieta do teito divide o cuarto en dúas metades compensadas. xusto no centro das mesmas a lámpada de araña distribúe as sombras dos seus brazos en distintas direccións que se reflicten nas paredes. en completo silencio escóitase a respiración dalguén que durme, e as bucinas dos coches dunha cidade que hai tempo que acordou. ela permañece absorta contemplando a grieta, pensando neses dous hemisferios trazados, coma unha metáfora do real e o irreal. e o mundo das sombras veña a debuxar ideas dun sono escaso dende hai varias semanas. érguese. así espida por completo, cos pes escalzos acariñando o chan, semella que o día vai ser frío. os estores deixan entrever tenues luzadas, o suficiente como para contemplar o seu corpo enteiro fronte o espello. de novo aparecen esas dúas metades que a dividen en dous mundos paralelos que nunca chegan a tocarse. debería asustarlle, pero hoxe quere crer que non. estende a man cara o cristal que lle devolve unha outra man, ficticia, facendo que por un intre esas dúas persoas que bailan dentro dela se comuniquen con timidez. escoita os ruídos dos muelles da cama do piso de arriba, con xadeos silenciados. volve deitarse. a mañá convertiuse en tardía xa. pero continúa entre as sabas, un par de horas máis, ou tan só uns minutos, non sabe. en completo silencio alí, coma se o tempo presente fora demasiado escaso, antes de que a realidade do día inunde a casa de saúdos matutinos, cuartos aireados e despedidas. 07/04/2005 13:25 Enlace permanente. Hay 3 comentarios. 09/04/2005domingo, 10-4-05 "incógnitas sobre Islandia" Ollos Azuis Pelo Negro quere viaxar a Islandia. dime que os antigos situaban alí o inferno, pero para el simboliza o edén. (o meu amigo témelle ós domingos tanto coma min. di que son días de suicidios silenciados). teño a estraña sensación de que se algún día acabara fuxindo alí quizais xa non regrese. (a penas quedamos para tomar café. esquecereime entón de velo en anos?). é coma se en calquera lugar do mundo algo estivera agardando por el. coma se el agardara por algo agochado en calquera lugar do mundo. (ou quizais tan dentro del que preferira crer que agarda nos mapas). 09/04/2005 23:50 Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar. 11/04/2005luns, 11-4-05 "unha mañá de domingo" ela, que traballa ata tan tarde que xa é de día. cansa, subindo pola zona nova de Compostela cara o casco antigo, observa ás limpadoras dos edificios que teñen a mirada triste: madrugan tanto coma os camións de reparto. ela, que para nun café para falar a modo co seu colega arxentino ó que hai meses que non visita, e que lle chama rubia, inda que ten o pelo tan negro que parece ficción. e alguén que entra pedir cambio para tabaco e que escribe libros que ela inda non leu (Mario, esta mañá comecei a coñecer a orixe da túa vertixe). e a mendiga da Quintana que lle rouba un outro cigarriño. e ela, inda ela, que remata o café baleirando os seus silencios na barra antes de marchar a casa, xa tarde de tan cedo que é. e a xente toda vestida de domingo alí fóra mentres ela cheira a restos de tabaco. e o cansazo veña a lle tirar das pernas polo Obradoiro adiante, e o sono que latexa incipientemente, antes de descubrir o arrecendo das amendoeiras floridas que saúdan na entrada a casa ás doce do mediodía dun domingo soleado. frío. 11/04/2005 20:36 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 12/04/2005martes, 12-4-05 "autodignidade" podes pasar pola vida sen deixar que a vida pase por ti. (pode compensarche se non buscas máis espectativas que esa?). antes cría que realmente a xente sometida a este rol era máis feliz. logo o tempo se encarga de amosar que ese estado tampouco libera. mellor obrigarse a vivir, inda que manque e non sexa doado ás veces tomar decisións, abrirlle as portas á mudanza. é unha cuestión de conciencia e autodignidade. 12/04/2005 12:36 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 13/04/2005mércores, 13-4-05 "cacería na fraga" nunha fraga escura moreas de ollos cheos de xenreira vixían a fauna que ousa cantar á luz da lúa, temerosos de que a fraga algún día apareza asulagada de flores de colores. faltos de imaxinación, eses ollos opacos limítanse a protexerse coa única linguaxe que entenden. distribúen entón estratexicamente as súas armas covardes nos arredores da fraga, como nunha cacería. pero os animais ceibes que corren na procura dunha nova luz, saltan o valado e ouvean, cansos xa de tanta vexetación velenosa, fría, gris. xusto aí, no final dun camiño que pode supoñer o comezo, intúese unha nova e tenue luzada a piques de xermolar nos límites do abismo. 13/04/2005 16:38 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. 14/04/2005xoves, 14-4-05 "14 de abril" pañoleta vermella como as rosas que nunca me regalaches, e as meixelas rubias cando falo bébeda de Mencía e, por un intre, todo é mellor. 14/04/2005 23:42 Enlace permanente. Hay 3 comentarios. venres, 15-4-05 "camiños de descuberta" vas poñendo a proba os límites xenéricos dos meus adentros sen lograr tirar fóra a clave do concreto que resgardo nun caixón, baixo chave. 14/04/2005 23:46 Enlace permanente. Hay 3 comentarios. 21/04/2005 xoves, 21-5-05"culinaria abstracta" ela cociñaba unha crema de verduras para calmar a súa enfermidade. ou para dicirlle sen palabras tódalas cousas que calaba. 21/04/2005 17:56 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 25/04/2005 luns, 25-4-05"o outro cravo" e eu aquí, en Compostela. Portugal ás veces semella estar na República do Congo... 25/04/2005 16:10 Enlace permanente. Hay 1 comentario. 27/04/2005mércores, 27-4-05 "mans" as miñas mans de pianista estanse a converter en mans de camareira. teño que cruzar o charco e saltar o valado, non vaia ser que un día tamén se me enrruguen as ideas. 27/04/2005 04:26 Enlace permanente. Hay 3 comentarios. 29/04/2005 venres, 29-4-05"aínda soñas con piratas, Sara?" a soidade ten dentes de vidro afiado, escribícheslle un día. quizais por iso vos entendedes, meu querido Silesio, inda sen saber o un do outro. inda sen saber o un do outro quizais por iso vos entendedes. ela escríbeche cartas que nunca chegan. e sabe que é mellor así, porque para falar de silencios non se precisan palabras. non se precisan palabras para ler nos ollos da xente. porque sabes, igual ca ela, que se o mundo calara máis veces outros mares sulcarían. dende a súa nave, varada de catro a catro, envíache un fío invisible ancorado na escala do seu mapa. para que esteas. sempre. e nunca deixar de soñar con piratas, compañeiro. 29/04/2005 17:31 Enlace permanente. Hay 2 comentarios. |
Archivos
Enlacesa vida en fotogramaspalabras e palabras
|